A reforma laboral de febreiro de 2012 rematou coa ultraactividade na negociación colectiva. Ata entón cando remataba a vixencia prevista dun convenio colectivo, e en tanto non se negociaba outro, continuaban a aplicarse na empresa ou sector as condicións acordadas no anterior. Entre estas todas as melloras que respecto dos mínimos estabelecidos no Estatuto dos Traballadores se conseguiran: permisos, vacacións, tempo de traballo... e, moi importante, salarios. A ultraactividade dotaba @s traballador@s dun colchón negociador: se a correlación de forzas non permitía introducir melloras nas condicións laborais, aplicábanse indefinidamente as xa acadadas.