Sétima morte en Nova Caledonia logo de que Macron cedera e suspendera a reforma electoral
Francia declara o estado de emerxencia en Nova Caledonia para frear as protestas pola reforma electoral
O Goberno francés anunciou a cuarta feira que imporá o estado de emerxencia en Nova Caledonia como mínimo durante 12 días, incrementando os poderes das forzas de seguridade para intentar conter as protestas que se desataron nas dúas xornadas anteriores. A situación intensificouse na madrugada cando a Cámara Baixa francesa aprobou unha reforma que permite votar nas eleccións provinciais a persoas que viviran no arquipélago durante unha década, acabando coa conxelación do censo desde 1998, o que foi criticado polos independentistas canacos como un intento de minorizar a presenza electoral indíxena aínda máis. Catro persoas, incluído un axente policial, faleceron até o de agora durante as protestas.
Milei afronta a segunda folga xeral contra as políticas da ultradereita, que sumiron na pobreza case 60% da poboación
A quinta feira as principais forzas sindicais arxentinas convocaron unha folga xeral para tratar de frear as políticas de extrema dereita de Javier Milei, que están a golpear a clase traballadora e dan preferencia ás grandes empresas estranxeiras.