Queremos Galego

Concello_de_Lugo
Seis de marzo fronte ao Concello de Lugo

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo

“Sentenza ideolóxica” e “prexuízos políticos”´definen, ao ver da plataforma Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, a sentenza coa que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso do Concello de Lugo contra a sentenza do Superior que anulaba parcialmente a ordenanza de normalización da cidade. Por iso, Queremos Galego convoca unha concentración o vindeiro 6 de marzo, cuarta feira.
 

Atrancos, eivas e retos da cuestión lingüística

asdfas
“Só en galego temos futuro”, salienta Maceira

Unha mobilización masiva reclama o dereito a vivir en galego cada día

Varios milleiros de persoas ateigaron as rúas compostelás para manifestaren o orgullo por manter o galego vivo día a día e para reclamaren xustiza co fin de devolverlle á lingua propia de Galiza o protagonismo roubado á forza.

queremos galego
LINGUA

17 de maio: manifestación de Queremos Galego contra o “155 lingüístico” do goberno de Feixóo

‘En galego día a día’, lema da mobilización, na que se reivindicará o compromiso e esforzo de miles de persoas e colectivos paranormalizar a lingua.

Foi un éxito a manifestación do 17 de maio? Debullemos

queremos galego manifestación
A marcha ultrapasa a asistencia de 2016

Miles de persoas converten Compostela nun clamor polo dereito a vivir en galego sen límites

Unha maré de xente enche as rúas da capital de Galiza na convocatoria de Queremos galego para o 17M. “A nosa forza e constancia pode reverter a situación” na que se atopa o idioma propio de Galiza, animou Marcos Maceira, portavoz da plataforma, perante unha Praza da Quintana que ficou pequena para acoller a masiva afluencia en defensa do galego.

queremos galego
LINGUA

Queremos Galego chama a unha “grande manifestación de unidade” o 17 de maio

 ‘En galego sen límites’ é o lema da mobilización que percorrerá as rúas de Compostela, partindo da Alameda ás 12:00 horas.

26472639253_65062602a5_z
SOCIAL

'A lingua é a vida'

Manifestación Queremos Galego_capa
MOBILIZACIÓN MULTITUDINARIA

Máis de 20.000 persoas defenden en Compostela na voz de Manuel María "un idioma que é a vida"

Ateigaron a capital do país na manifestación convocada por 'Queremos Galego' para demandar as modificacións precisas para poder vivir en normalidade na nosa lingua. E non faltaron, claro, nin as Irmandades da Fala nin Manuel María. VÍDEO NO INTERIOR. 

olalla
MANIFESTACIóN DO 17M

O amor pola lingua desborda a Praza da Quintana

[EN ACTUALIZACIÓN] Ao berro de "Na Galiza, en galego" deu comezo a manifestación convocada por Queremos Galego con motivo do Día das Letras. A mobilización, masiva, partiu pasadas as 12.15h da Alameda de Compostela.

queremos galego crianzas
LINGUA

E ti, por que vas ir á manifestación do 17M?

Colectivos e persoas gravan vídeos animando a participar na manifestación que convoca Queremos Galego polo Día das Letras Galegas.

Queremos galego a mesa
LINGUA

Queremos Galego gaña o xuízo da sanción da Delegación do Goberno pola manifestación do 17M de 2013

A plataforma afirma que a denuncia feita contra ela por aquela mobilización masiva “só se comprenden desde a utilización política das institucións a favor dos intereses do Partido Popular”.

Concentración de Queremos Galego perante o TSXG
LINGUA

"O TSXG tenta frear pola vía xudicial o que o pobo galego conquistou pola vía política e democrática"

Queremos Galego concentrouse perante a instancia xudicial para amosar o seu rexeitamento á sentenza que tomba parte da ordenanza do Concello de Lugo sobre uso do galego. 

Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo
LINGUA

Concentración no TSXG en rexeitamento á sentenza contra o uso do galego nos concellos

Convocada por Queremos Galego, decorrerá esta quinta feira, 14 de abril, na Praza da Galiza da Coruña.

QUEREMOS GALEGO

“Comezaron contra o galego no ensino e agora atacan o galego nas administracións”

A plataforma cidadá considera que a sentenza do TSXG que tomba parte da ordenanza de uso do galego de Lugo racha “os acordos promovidos pola sociedade e concretados unanimemente polas forzas políticas”.

Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo
SOCIAL

Queremos galego convoca unha concentración en Lugo contra a sentenza polo uso municipal do galego

Chama a "defender socialmente" as conquistas lingüísticas acadadas perante a sentenza que chumba a Ordenanza municipal de uso do galego.