Rapa das bestas

Un aloitador durante a última edición da Rapa das Bestas de Sabucedo. (Foto: Sindo Novoa)
MÁIS

Rapasons, tradición e música en Sabucedo

O RapaSons contempla unha nova edición cargada de música e troula para todos os gustos. Desde mañá, o público asistente poderá mergullarse en diversos concertos e verbenas para animar a festa. A maioría de actuacións decorrerán no Curro ou no Campo de Medio, na parroquia de Sabucedo, na Estrada (Tabeirós-Terra de Montes).
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas máis iconográficas da Galiza (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

A Rapa das Bestas de Sabucedo xa conta coa protección BIC

A festividade xa foi declarada de interese turístico internacional no ano 2007.
Rapa das Bestas, en Sabucedo (Foto: Arxina)
CULTURA

A Xunta incoará o expediente de interese cultural inmaterial da Rapa das Bestas de Sabucedo antes de xullo

En resposta a unha pregunta do BNG no pleno do Parlamento, o concelleiro anunciou que este expediente comezará nas próximas semanas.
andaina sabucedo
SOCIAL

Sabucedo marcha "contra a avalancha eólica"

A  Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a Asociación de Veciños de Sabucedo, Alarma na Terra de Montes, Colectivo do Vento e O Eido do Cervo son os convocantes desta andaina de protesta contra a "nova avalancha de 'macroproxectos' eólicos na Terra de Montes e arredores"; e que mesmo ameaza lugares chave para a tracidión da rapa.
Monteaguro, á dereita en primeiro termo, tensando o feche do perímetro en Sabucedo (Foto: Alejandro Enríquez).
Entrevista

Paulo Vicente Monteagudo: "Se tramitan os eólicos en Sabucedo pola vía urxente estamos indefensos"

A Asociación Rapa das Bestas afronta nun mes a celebración da súa festa, do 5 ao 8 de xullo. As aloitadoras e os aloitadores baixarán do monte 350 bestas cara aos curros de Sabucedo (A Estrada, Tabeirós-Terra de Montes). Mais a celebración este ano vén marcada pola “invasión eólica”, din. Este sábado, a asociación xunto a colectivos veciñais protestarán contra os proxectos eólicos Xubrintas e Alamaceiros, que ameazan, din, o corazón da tradición galega.
Unha muller pasando por diante dunha pintada durante a mobilización contra a 'burbulla eólica' en maio de 2023 en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Convocan unha andaina en Sabucedo contra a "avalancha eólica"

As entidades convocantes buscan con esta protesta, o sábado 8 de xuño, "defender a última serra do interior da provincia de Pontevedra sen colonizar pola industria eólica".
Bestas en Sabucedo, na Estrada (Terra de Montes). [Foto: Nós Diario].
SOCIAL

A entidade Rapa das Bestas urxe a declaración BIC para protexer Sabucedo da eólica

En xullo de 2023 Sabucedo, na Estrada (Terra de Montes) acollía a súa Rapa das Bestas con aloitadores uniformados con camisetas reivindicativas contra os catro parques eólicos que a Xunta tiña en marcha na zona. Todos eles están agora paralizados no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. O polígono Xubrintas consta de 15 aeroxeradores.
Fotograma de 'Rapa'. (Foto: Baño Films)
star
Cinema

Aloitadores pola identidade dun pobo: 'Rapa', de Alejandro Enríquez, chega aos cinemas

O filme 'Rapa', que vén de estrearse estes días en varias localidades galegas, olla a rapa das bestas de Sabucedo (A Estrada, Terra de Montes) cunha mirada renovada. Non se trata de volver unha vez máis destacar o combate simbólico entre o ser humano e a besta, senón de observar o que ninguén ve: a comunidade que está detrás, defendendo unha forma de vida que lle outorga identidade.
Un aloitador durante a Rapa das Bestas. (Foto: Agostime / Europa Press)
CULTURA

Sabucedo pon hoxe o ramo a unha multitudinaria e reivindicativa Rapa: "Queremos que as bestas sigan sendo ceibes"

A edición deste ano tivo un marcado carácter de protesta contra o inzamento de proxectos eólicos na contorna.
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas máis iconográficas da Galiza (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Máis

Un reino para as bestas

Do 7 ao 9 de xullo todo vira ao redor dun curro.
Rapa das Bestas, en Sabucedo (Foto: Arxina)
SOCIAL

Sabucedo, ás portas da Rapa das Bestas máis combativa contra "a agresión eólica"

O lugar da Estrada, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, recibirá máis de 10.000 visitantes entre o 7 e o 10 de xullo.
Aloitadora na Rapa das Bestas de Sabucedo, A Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes). (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
star
Reportaxes

A rapa das bestas: tradición en perigo de extinción

Desde comezos de maio até finais de agosto son moitos os montes da Galiza que acollen unha das tradicións máis ancestrais: a rapa das bestas. A vindeira fin de semana, 7, 8 e 9 de xullo, será a quenda da rapa de Amil, parroquia do concello de Moraña (comarca de Caldas), e tamén da que quizais sexa a máis coñecida: a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada (comarca de Terra de Montes). Celebracións, secasí, en perigo de extinción, ameazadas pola instalación de infinidade de polígonos eólicos nos montes galegos.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A música, os mitos e o feminismo de Fillas de Cassandra, no ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario analiza tamén a situación do cabalo salvaxe galego e a resistencia da lingua mirandesa

Cabalos na Insua de Touriñán hai 20 anos (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Desmontando Clifford Geertz en Sabucedo (A Estrada)

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, analiza para 'Nós Diario' a oposición da veciñanza de Sabucedo aos eólicos.
Nos últimos 15 anos o censo do cabalo galego de monte reduciuse á metade na contorna de Sabucedo (Foto: Sindo Novoa).
SOCIAL

Catro parques eólicos ameazan as bestas de Sabucedo

"Todo o meu apoio ao pobo de Sabucedo. Eólica si, pero non así". A declaración do director de cinema Rodrigo Sorogoyen no seu discurso durante os premios Goya, onde o seu filme As Bestas foi o gran triunfador, foi acollida con "moita satisfacción" desde a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo da Estrada: "Nós suxerímoslle se podía dicir algo sobre o problema que temos aquí cos eólicos e el foi máis alá do que esperabamos, foi moi valente".
Exemplares de bestas en no Valadouro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Un equipo investigador alerta sobre a redución do número de bestas nos montes galegos

A falta de rendibilidade económica, as dificultades para acceder a axudas ou a ausencia de recoñecemento do seu valor cultural son algúns dos factores que provocan esta rápida redución.
A Rapa das Bestas volveu este sábado a Sabucedo (A Estrada) após un ano de parón pola Covid (Foto: Arxina).
SOCIAL

Unha asociación animalista critica a Rapa das Bestas de Sabucedo malia supor a desparasitación dos cabalos

Os organizadores da Rapa das Bestas defenden a actuación dos aloitadores e a seguridade física e psíquica de animais e persoas, mentres que a entidade animalista considera que se actúa "á marxe de calquera lei".
(Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Rapa das Bestas vive unha segunda xornada "accidentada e chuviosa"

Os aloitadores e aloitadoras rapan 81 animais no día de hoxe.
(Foto: Europa Press).
SOCIAL

GALERÍA | Así foi a Rapa das Bestas 2022

A Rapa das Bestas volveu este sábado a Sabucedo (A Estrada) após un ano de parón pola Covid (Foto: Arxina).
A Estrada

Regresa con forza a Rapa das Bestas de Sabucedo

A Rapa das Bestas 2022 será a edición "máis potente" após dous anos de paro pola pandemia da Covid-19. Así o expresou esta terza feira a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a presentación da festa internacional no Pazo Provincial de Pontevedra.