A revolta pontevedresa de 1892
O 22 de xullo de 1892 leiteiras e regateiras do mercado de Pontevedra revólvense contra unha nova alza do imposto de consumos, negándose ao pago dos mesmos e impedindo o aceso a cidade. O conflito, que rematará coa morte dun home setenta anos e con varios feridos, enmárcase na vaga de protestos que percorre as comarcas galegas ao longo dese ano. A acción dos activistas republicanos e socialistas, nunha situación social e economicamente explosiva, será fundamental.