sentenza

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo
Galiza

Unha sentenza xudicial obrigará a NGB a devolver 241 mil euros en subordinadas

A sentenza falla en contra da entidade financeira e obrigará a NovaGalicia Banco a reintegrar a maior cantidade coñecida até o momento 

Joan Tardá
POLÍTICA

Joan Tardá emprega o catalá no Congreso español apelando á sentenza do TSJC

Valéndose da premisa empregada acotío polo PP de que o que "vale en Catalunya, vale para toda España" o deputado de ERC asegurou que se unha soa persoa pode mudar a lingua das aulas, "un deputado pode trocar a de toda a Cámara". O presidente do Congreso expulsou finalmente ao deputado de ERC pola súa intervención. 

LINGUA

Pontevedra manterá os sinais en galego: "A denuncia foi parte da ofensiva do PP"

Un cidadán recorreu unha multa porque non entendeu a lenda numérica dunha zona de carga e descarga ao estar só en galego. A sentenza, que viu a luz agora após "unha filtración do PP" á imprensa amiga, data de 2010 e non foi feita pública nin recorrida "porque non existe conflito social ningún"
SOCIAL

Stop-desafiuzamentos de Galiza ven na sentenza da UE "unha arma" para a xustiza

Consideran que o problema das execucións hipotecarias "non era dos xuíces, senón dunhas leis feitas para a banca" e, malia considerala "insuficiente" e reclamar a aprobación da ILP pola dación en pagamento, valoran de maneira "moi positiva" o pronunciamento de Estrasburgo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez
LINGUA

A Xunta admite que tramitou o recurso contra a sentenza do Plurilingüímo porque o fixo Galicia Bilingüe

O secretario xeral de Política Lingüística admitiu na Comisión de Cultura do Parlamento galego que a postura institucional tomouse pola actitude da asociación que dirixe Gloria Lago.
DEPORTES

Riazor dita sentenza e pide a demisión de Lendoiro

Nova derrota do Deportivo. 13 en 24 partidos. Por vez primeira en dúas décadas, Riazor pediu a berros a demisión de Lendoiro. Panos brancos toldaron as bancadas ao asubiar o árbitro o final do choque. Concluído o encontro, a resaca foi das que fan época. Houbo incidentes nas cercanías do estadio. DxtCampeón informou de que se rexistraron mesmo cargas policiais.
POLÍTICA

Allariz cobrará o IBI á igrexa após a sentenza favorábel do Xulgado de Ourense

A xustiza dá a razón ao Concello de Allariz e obriga á igrexa a tributar o IBI por aquel patrimonio que fica fóra do acordo co Concordato.
Imaxe cedida pola organización
SOCIAL

Máis unha sentenza contra a política lingüística do PP

O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións ''contrarias ao dereito''
Queremos galego
LINGUA

A Xunta desoe a sentenza e di que seguirá adiante coas consultas ás familias

Segundo a consellaría de Educación e ordenación universitaria, a sentenza publicada polo TSXG "constata a legalidade dos principios en que se basea o Decreto 79/2010", malia que anula as consultas ás familias sobre o uso do galego no ensino.
SOCIAL

O xuízo ao xornalista detido na folga do 29-M visto para sentenza

O xornalista da CIG detido durante a folga xeral do 29-M asegura que no xuízo  “a fiscalía deixou á marxe a súa neutralidade”.
Eleccions2012

A xustiza aparece de novo na campaña ao executar unha sentenza contra Mario Conde doce anos despois

A xustiza volve aparecer nas eleccións da Xunta neste caso executando a sentenza de hai doce anos, segundo a cal lle embarga cinco fincas a Mario Conde polo caso Banesto. O candidato á Xunta por Sociedad Civil y Democracia emitiu un comunicado en que sinala a intencionalidade política da decisión xudicial e deixa ver que se debe aos datos que apuntan que o PP perdería a maioría absoluta parlamentar.
POLÍTICA

Feijóo responde á sentenza da Xunta Electoral

Francisco Jorquera 2
POLÍTICA

Exixen a comparecencia de Feijóo pola sentenza sobre o concurso eólico

O BNG exixe a Feijóo comparecer nunha sesión extraordinaria no Parlamento para explicar o proceder na suspensión do concurso eólico, despois de se coñecer a sentenza do TSXG. CxG e Anova exixen tamén responsabilidades políticas inmediatas.
POLÍTICA

A ilegalidade do PP ao anular o concurso eólico suporá unha sangría económica para a Xunta

A suspensión do concurso eólico do bipartito desenvolvida por Feijóo é considerada polo TSXG unha desviación de poder, isto é, a instrumentalización da lei para fins propios. A sentenza publicada o pasado mes de xullo carrexará importantes indemnizacións patrimoniais a favor da empresa demandante e podería incorrer en responsabilidades penais para varios membros do goberno da Xunta.  

Mundo

Dous anos de cadea para tres das Pussy Riot

A revolta e o punk son perigosos para as autoridades. Cando o grupo feminista Pussy Riot cantou na catedral ortodoxa de Cristo Redentor, en Moscova "Nai de Deus, líbranos de Putin", o pasado 21 de febreiro, activaron os mecanismos represores do goberno ruso. Hoxe coñeceuse a sentenza.

Jorge Fernández Díaz Ministro do Interior do Estado español
Mundo

O goberno español non comparte a sentenza sobre Sortu

A sentenza do Tribunal Constitucional que declara legal a Sortu non sentou ben ao goberno español. O ministro de interior non descartou presentar novos informes policiais e voltou a nomear ás vítimas.
POLÍTICA

O proceso contra Antolín Alcántara e Víctor García, visto para sentenza

Constatouse a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007”, segundo o sindicato. Logo de sete horas de xuízo, a fiscal non rebaixou a petición de cinco anos de cadea, malia que a súa responsabilidade non quedou acreditada.

ECOLOXISMO

A Xunta esquiva as preguntas sobre a execución da sentenza que dá o pau a Ence

O conselleiro de Medio Ambiente non quixo comprometerse a que o Goberno galego faga efectiva a sentenza do Supremo que insta a anular a licenza da multinacional pasteira. Desde o Concello de Pontevedra celebran o fallo da Xustiza española, ''unha viaxe mortal para a Xunta, Ence e o TSXG''