Feijóo responde á sentenza da Xunta Electoral

Feijóo reacciona na súa conta de Twitter (@Feijoo2012) a respecto da resolución emitida pola Xunta Electoral e retruca á oposición asegurando que seguirán asinando contratos "por máis que lle moleste ao PSOE".

Após facerse pública o ditame da Xunta Electoral sobre a participación de Núñez Feijóo na sinatura dos contratos coa petroleira mexicana Pemex, o aínda presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, facía brincadeira da oposición do PSOE e aseguraba que seguirían asinando contratos.

Nin unha soa mención do presidente da Xunta, á decisión adoptada polo máximo órgano electoral que lanzaba un aviso ao goberno do Partido Popular, asegurando que unha volta de porca máis no uso indebido da actividade da Xunta --infrinxindo a LOREX-- implicaría o inicio dun procedemento sancionador.

No entanto, Alberto Núñez Feijóo, anunciou nun acto en Vigo que a Xunta de Galiza recorrerá o ditame, malia ter retirado xa do seu portal web a nova pola que o órgano de control, reprendera máis unha vez ao executivo galego.

Comentarios