A crise da Covid e a falla de subministro de semicondutores, a coñecida como crise dos 'microchips', fixeron que a planta de Stellantis en Vigo estivese practicamente un mes completo parada. Porén, o grupo resultante da fusión de PSA e FCA roza máximos en bolsa e apunta a un beneficio millonario a final de ano.
As dúas liñas de produción da planta viguesa de Stellantis suman de media 30 días sen actividade por falta de compoñentes. O cadro de persoal volveu ao traballo esta semana coa esperanza de que a empresa aproveitase as vacacións para facer stock. Porén, a firma anuncia que volverá parar toda a semana que vén.
As denuncias de varios operarios dunha empresa auxiliar de Stellantis na Zona Franca de Vigo pon en evidencia, segundo os sindicatos, a situación de precariedade laboral que viven as auxiliares da automoción coa entrada das empresas de traballo temporal (ETT).
Un incendio no taller de pintura da fábrica de Balaídos do grupo Stellantis (antes PSA) paralizou a produción de la factoría. As lapas declaráronse nun dos robots da sección 2 -a que se encarga dos vehículos comerciales- ao redor das 13 horas.