televisión

Mariana van Zeller lidera a serie de 'National Geographic' que verteu duras acusacións contra o porto de Vigo e a pesca galega (Foto: National Geographic).
ECONOMÍA

A Autoridade Portuaria de Vigo desmente as acusacións de pesca ilegal e irá á Xustiza

O vigués foi cualificado como "o maior porto de pesca ilegal de Europa".
fer
Agora

'Eu quero o galego': o popular Fer Castro leva a reivindicación lingüística a 'Pasapalabra'

"A miña idade, algúns temos un soño tolo, que é ter acceso a unha vivenda digna antes dos 40 anos". Aquelas palabras coas que se presentou en Pasapalabra, o concurso máis lonxevo da televisión estatal, servíronlle a Fernando Castro para gañarse ao público. Programa a programa, o concursante natural de Santiago de Compostela tornou no favorito da audiencia, sobre todo na Galiza, e cada vez son máis as persoas que cada noite seguen os seus avances no concurso. Esta quinta feira volveu vencer e quedou a só dúas palabras do 'bote', todo iso nunha tarde na que abandeirou a reivindicación lingüística portando unha camisola da Mesa pola Normalización co lema 'Eu quero o galego'.
O prazo para que chegue aos 14,55 metros remata o 30 de xullo. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

As mulleres deportistas continúan minorizadas na radio e na televisión

Protagonizan só unha de cada dez pezas informativas.

Fora de jogo

O escritor, Xosé Antón Cascudo.
CONTRACULTURA

Xosé Antón Cascudo: "As personaxes de 'Mad Men' encarnan moitos dos problemas que relatou Betty Friedan"

Xosé Antón Cascudo, escritor, foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro polo seu ensaio A mística da feminidade en Mad Men. Cascudo aborda os diferentes elementos presentes na serie, como as relacións de poder ou os procesos de cambio, porque, como el di, “o enorme poder da ficción televisiva reside en que ao final coñeces todo das personaxes”.
O produtor de cinema Javier Pérez Santana, na gala dos premios Feroz. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
CULTURA

En liberdade con cargos o produtor de cinema acusado dunha agresión sexual nos Premios Feroz

A actriz Jedet sería unha das vítimas da presunta agresión de Javier Pérez Santana, produtor dun dos filmes candidatos na gala.
Carlos Labraña é o autor da primeira obra en lingua galega que gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil (Foto: Susana Fernández).
Contracultura

Carlos Labraña: "O teatro ten que contar historias que non van aparecer noutros medios como a televisión"

Carlos Labraña, escritor, vén de gañar o XXIII Premio SGAE de Teatro Infantil coa súa obra Mambrú volveu da guerra, situada nun parque infantil e cun fondo de recoñecemento á memoria histórica. Labraña aborda a dificultade de tratar unha temática así para un público infantil, mais tamén a necesidade, xa que, como el di, “o teatro ten unha visión crítica, e a tivo ao longo da historia; se a eliminamos deixa de ter sentido”. 
Montse Davila pon voz á protagonista da serie 'Os aneis de poder', ambientada en 'O Señor dos Aneis'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Montse Davila (Galadriel): "Que contidos tan potentes como 'Os aneis de poder' poidan ser vistos en galego é algo moi bo"

Montse Davila, dobradora, é a voz galega de Galadriel, a protagonista da nova serie Os aneis de poder, ambientada no mundo de O señor dos aneis de J. R. R. Tolkien, e de Marina Quiroga, a protagonista de Un asunto privado. Davila fala da industria e dos avances que isto supón para a lingua porque, como ela di, “quen podía imaxinar algo así?”.
Viktor Medvedchuk, no centro da imaxe, após coñecer a súa condena o pasado ano. (Foto: Sergéi Chuzavkov / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Quen é Viktor Medvedchuk, líder da oposición en Ucraína e empresario

O presidente Zelenski ordenou o pasado ano, cando aínda non principiara a invasión rusa, fechar oito canles de televisión da propiedade do tamén deputado opositor Taras Kozak por "difundir propaganda rusa", e posteriormente detivo Medvedchuk acusado de "alta traizón" e "saqueo de recursos" en Crimea.
Momento do programa 'Atrápame se podes' no que se formulou a polémica pregunta (Foto: CRTVG).
SOCIAL

A CRTVG pide desculpas logo de emitir unha pregunta sobre o prezo da cocaína nun concurso televisivo

"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?" foi a pregunta que o programa 'Atrápame se podes' formulou este sábado a dúas concursantes.
Xosé A. Touriñán, Federico Pére e Miguel de Lira competirán polo premio á Mellor interpretación masculina protagonista.
Seguena en candidaturas 'Jacinto', 'Malencolía' e a serie 'Hierro'

O filme Cuñados parte como favorito da 20ª edición dos Premios Mestre Mateo

A Gala de entrega de premios na que dará a coñecer o palmarés terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña.
Unha 'promo' do RTP Lab da  televisión portuguesa. (Foto: Cedida)
star
Reportaxes

A televisión máis alá da televisión

Groucho Marx, o célebre cómico norteamericano, tomaba o feito de acender a televisión como excusa para desprazarse a outro cuarto e abrir un libro. Hoxe a Groucho seríalle algo máis difícil escapar da influencia e omnipresenza dun medio, a televisión, indisociábel da nosa cultura popular, a nosa maneira de entender a imaxe, a nós mesmos, e a realidade. A “caixa tonta” non é tan tonta e hai décadas que transcendeu da mera pantalla do salón para ser unha cousa de varios brazos e soportes, con acceso ao móbil, ao ordenador e con novos modos de contar o que pasa ou entreter. Novas narrativas, novas cousas que contar onde a identidade se entretece coa sensibilidade, o humor, a ironía ou as linguaxes en tendencia, a televisión reinvéntase na Galiza e tamén en Portugal para chegar á mocidade. Sermos Galiza puido falar con responsábeis da Corporación de Radiotelevisión da Galiza (CRTVG) e a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) para saber como ollan o presente e o mañá.
Imaxe da entrevista a Héitor Picallo pola publicación do libro 'O escudo do reino da Galiza'. (Foto: Arxina) #héitorpicallo #oescudodoreinodagaliza #publicación #sermosgaliza #sermos
CULTURA

Sermos Galiza desvela a saída do volume 'O escudo do reino da Galiza'

Ademais de entrevistar o autor da obra, Héitor Picallo, o semanario analiza o mercado editorial galego previsto para outono e debate coas televisións públicas galega e portuguesa sobre os novos formatos e o público do futuro. Queres presumir de estar ao día? Non deixes que o teu caderno quede no quiosque este sábado.
A presentadora Neves Rodríguez. (Foto: Manuel Barreiro) #nevesálvarez #presentadora #máis #vacacións #lecer
star
Caderno de Verán 'Máis'

Neves Rodríguez: "Desfruto de non facer absolutamente nada"

A comunicadora recoñece que non acostuma coller vacacións no verán polo seu traballo. No entanto, presume de ter percorrido todos os concellos da Galiza.
Álvaro Pérez, presidente da Academia Galega do Audiovisual (Foto: Sabela Einz)
star
Álvaro Pérez foi elixido novo presidente da AGA

Álvaro Pérez: "A pandemia trouxo a sensación de que entretemento e cultura son moi necesarios"

Álvaro Pérez (A Coruña, 1989) vén de ser escollido por unanimidade como novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. En conversa con 'Nós Diario', Pérez salienta o gran talento das e dos profesionais do sector que, "co seu traballo forxado durante estes anos, está a ver o froito de ter unha grande acollida internacional de proxectos como é o caso da serie 'O sabor das Margaridas'".
Xabarín Club (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Aí vén o Xabarín! Televisión para unha nova xeración

O fenómeno Xabarín foi un fito histórico da televisión galega e un referente para unha xeración enteira. Situouse na vangarda do audiovisual e descubriu todo un mundo de entretemento infantil e xuvenil moderno e de calidade. Actualmente, presta nome e imaxe a unha iniciativa popular que pretende chegar ao Parlamento para devolver o galego á mocidade a través de programación específica. Seguimos as pegadas do Xabarín e descubrimos o camiño ao futuro da televisión na nosa lingua.
AUGA_SECA_2
star
Reportaxes

Versión Orixinal Subtitulada: Unha oportunidade para as linguas minorizadas

Veñen de lanzarse á grella televisiva dúas series de televisión relacionadas coa Galiza: Néboa (TVE) e Auga Seca (TVG e RTP). A primeira segue a estela de Fariña deixando fóra do marco a nosa lingua, que non o acento, denotando as dinámicas dun mercado no que o galego é observado como sobrecusto. A segunda parte do acordo estratéxico asinado entre as televisións galega e portuguesa para a creación de contido conxunto. Estes dous feitos lévannos a analizar dous sistemas de distribucións, dobraxe e subtitulado que determinan dinámicas e oportunidades diferentes para a circulación do audiovisual galego.
Imaxe da participación de Sara no programa Luar difundida nas súas redes sociais.
CULTURA

Unha mensaxe en defensa da televisión pública deixa no aire as regueifas do Luar

Sara, unha participante deste espazo do veterano programa televisivo da TVG, foi informada de que o ían suprimira após empregar a mensaxe de apoio ao persoal da televisión pública 'Defende a Galega'.
Membros do colectivo Defende a Galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Defende a Galega urxe a nomear un novo director xeral da CRTVG "conforme marca a lei"

Defende A Galega esíxelle ao grupo parlamentario do Partido Popular, como forza que sustenta o goberno, que propoña un candidato á dirección xeral da CRTVG “que conte coa aprobación de dous terzos da Cámara, tal e como establece a Lei de Medios aprobada en 2011”.

A utilidade da extrema dereita