As organizacións ecoloxistas defenden un 'programa da Terra' para as municipais
Propoñen 10 medidas para camiñar cara á sustentabilidade dos concellos perante os comicios do 24 de maio.
Propoñen 10 medidas para camiñar cara á sustentabilidade dos concellos perante os comicios do 24 de maio.
Critican a falta de políticas de emprego impulsadas pola Xunta que obriga a centos de mozos e mozas a emigrar e aseguraron que, sen a mocidade, Galiza será un “país enfermo”.
A xornalista María Feijoo vén de presentar o libro Orballo: crónica da inmigración galega en Zarautz, un traballo que ten como fontes privilexiadas a memoria oral da emigración. O escritor e investigador Xosé Estévez presentou o traballo desta filla dun emigrante de Nogueira de Ramuín que está accesíbel na rede.
Hai semanas foron albo dunha sanción de 600 euros e agora reciben citación para seren xulgados polos mesmos feitos polos que foron multados.
Dende imprimir comida en 3D até conseguir o éxito alén mar con webs de fútbol táctico. Emprendedores de todo o país reúnense en Carballo.
O actor e director británico Richard Attenborough faleceu este 24 de agosto a poucos días do seu 91 cumpreanos. Era unha lenda viva do cinema inglés.
Marco Antonio Torres, ou Oso, como é coñecido, foi monitor do campamento de verán sobre horta sinérxica celebrado no horto ecolóxico infantil de Carballo este verán. Demóstranos como, tamén nas plantas, a unión e o respecto fai a forza.
Hai quen busca delimitar o seu país con fronteiras coma valados. Hai quen busca delimitalo por poderes ou por historias compartidas. Mais hai quen busca facer país ao redor de proxectos que sexan capaces de partir da reflexión crítica e de aglutinar cada vez un maior número de persoas ao redor dunha serie de alicerces comúns.
O exército israelí afirma que a operación ‘Borde protector’ vai ‘’intensificarse’’. Un mínimo de 5 mortos e 30 ferid@s nos bombardeos.
O semanario Sermos Galiza vai chegar esta quinta feira ao seu número 100.
O proxecto “Vida de aldea” naceu dunha explotación leiteira que se mantiña na casa durante varias xeracións.
Manifestacións nas principais cidades do país convocadas polas centrais sindicais clamaron polo dereito ao traballo. Ferrol congregou os actos centrais do 10 de marzo.
A cuarta feira, día 12 no Teatro Principal de Compostela e o 13 no Auditorio Municipal de Vigo son as novas citas do colectivo CoraSons, unha terra de fraternidade camiñada por Uxía e a súa grande compañía musical con sons da lusofonía enteira. Música, teatro, arte e, en especial, amizade sobre os escenarios.
Varios colectivos da comarca impulsan diferentes actividades durante este mes coa finalidade de ''restablecer a dignidade dos homes e mulleres dunha nación asoballada polo levantamento militar de 1936 e a súa posterior Longa Noite de pedra''.
A represión en Galiza após a conquista dos Reis Católicos rematou co exilio de máis de 1.500 galegos e galegas en Portugal e na Bretaña. Este feito será un dos que se documente na exposición ‘Galiza, nun tempo de seu’, que se inaugura esta quinta feira, 5 de decembro, no Museo Provincial de Lugo.
Representantes da Rede contra a Minería Destrutiva de Galiza reuníronse nestes días con delegacións das formacións parlamentares, aos que trasladou a súa táboa reivindicativa de 13 puntos.
No Campo de Marte, na biblioteca da Asociación de Veciñ@s Atochas Monte Alto, Xurxo Souto e Lalo Carnota presentan este sábado día 23 ás 19.30 “A Terra Queima”, un libro-cd no que as pedras percebeiras que rodean á Torre de Hércules séntense e contribúen a desenmarañar un enigma do que depende a salvación do mundo.
Informes científicos sinalan que a pescada está en "niveis de rendemento máximo posíbel" polo que habería marxe para atopar unha solución para estes buques, alegan desde a oposición.
Grandes empresas transnacionais apropiáronse nesta década de 31 millóns de hectáreas, unha superficie que equivale a Italia. Unha terra que, denuncian ONGs, obtívose porque os propietarios (indíxenas) non puideron mantela o ser pobres.
Esta semana achegámonos aos montes veciñais en man común, un elemento diferencial do rural galego que nos identifica e nos diferencia como nación. Unha maneira sustentábel de nos relacionarmos como pobo coa terra mais que corre o risco de desaparecer.