tradición

‘En San Xoán, a sardiña molla o pan’ é un dos principais refráns vinculados coa data. (Foto: S. G.)
star
Reportaxes

Cultura e aculturación no San Xoán

Autor de 'San Xoán: coñecemento do medio cultural galego', editado por Baía Edicións en 1996, o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén, que vén de ser recoñecido co Premio Lois Peña Novo pola súa traxectoria investigadora e divulgadora das tradicións e da cultura da Galiza, afonda nas raíces do San Xoán e nos seus rituais, con especial atención no que respecta aos catro elementos: terra, lume, auga e vento.
A pandeireteira e cantareira Icía Varela. (Foto: Cedida)
Contracultura

Icía Varela: "Chámame a atención a aceptación que recibe a nosa música tradicional fóra da península"

Icía Varela, pandeireteira e cantareira, estará participando, por primeira vez en solitario, no espectáculo Celtic Odyssée, que terá lugar no Festival Intercéltico de Lorient, celebrado entre o 4 e o 13 de agosto.
Obradoiro de baile nas xornadas Etnográficas da Mariña de 2022 (Foto: Tecedeira)
CULTURA

O traxe galego, protagonista das II Xornadas Etnográficas da Mariña

Xove acollerá a segunda edición desta cita.
Os bois desta edición, nunha das rúas da vila, que se engalanan con teas para a ocasión (Foto: Tino Feijoo).
star
CULTURA

Allariz enxalza o patrimonio ao redor do boi

Contan que, en 1317, un fidalgo chamado Xan de Arzúa quixo terminar coas burlas da comunidade xudía de Allariz e encabezou a procesión a lombos dun boi, cargado de sacos con formigas que serviron de munición para defenderse. 706 anos despois, a vila continúa a lembrar este episodio da súa historia e os bois apodéranse das rúas allaricenses durante nove días.
Á esquerda, o baile das Penlas; á dereita, arriba e abaixo, desfile da Coca polas rúas de Redondela. (Fotos: Concello de Redondela)
star
CULTURA

A festa da Coca, onde o ben sempre vence

A Coca volve esta semana a Redondela para seguir mantendo viva a tradición. Alén das historias que se transmitiron de maneira oral sobre este animal mitolóxico, estudosos como o antropólogo Clodio González Pérez afondan nas súas orixes e en como evolucionou a celebración durante os últimos séculos.
O arqueólogo Felipe-Senén López Gómez no castro de San Cibrao de Las (Foto: Laura Barcala).
CULTURA

Felipe Senén, Rosa Castro e GCiencia recibirán o premio Lois Peña Novo

O xurado salientou, no caso de Felipe Senén, a traxectoria dun home que ten dedicado toda a súa vida á creación, investigación e divulgación das tradicións e da cultura do país.
Festa dos Maios en Combarro (Poio). / José Olgón
star
Arte e simboloxía nunha festa popular

A soberanía estética dos Maios

Os Maios constitúen unha manifestación estética que sintetiza varias formas de creación: a plástica dos propios Maios, as cántigas que se compoñen para a ocasión, as danzas de moitas localidades galegas... Todas elas son a expresión popular dun campo simbólico que axuda a reafirmar unha identidade e que contribúe a instaurar un imaxinario artístico propio. Onte tiveron lugar os primeiros en Pontevedra, en Poio, en Redondela, no Salnés, en Verín, no Barco... e nos próximos días aínda haberá máis Maios por diversos puntos da xeografía galega.
 
Eva de la Torre é integrante da asociación veciñal de Orbazai, da cidade de Lugo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Eva de la Torre: "En Lugo mantívose en pé un muíño grazas a que estaba en funcionamento até hai pouco"

Eva de la Torre é unha das integrantes da Asociación de veciños de Orbazai (Lugo), así como unha das autoras da publicación sobre as construcións tradicionais escrita en colaboración co Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela e que agora ve a luz.
MilloCorvo_Cabecera_v2
SOCIAL

Meiro, en Bueu, homenaxea o seu ‘tesouro negro’, o millo corvo

Unha manchea de actividades no encontro degustación poñen este domingo o ramo a tres días de propostas, que principiaron a sexta feira coa muiñada nos muíños do Canudo.

A deseñadora Edith del Valle leva á Mostra do Encaixe de Camariñas unha colección de roupa urbana.
star
Reportaxes

Modernidade e tradición: o encaixe galego na moda actual

Tradición, cultura, traballo comunal… Son moitos os conceptos que se poden relacionar co encaixe galego, unha técnica manual de confección cuxa función foi mudando ao longo dos anos. As palilleiras que traballaban sen descanso para obteren uns ingresos son hoxe rescatadas polas deseñadoras e deseñadores que deciden integrar o encaixe tradicional nas súas prendas, creando así unha modernidade asentada sobre as raíces. Poderemos velas na Mostra do Encaixe de Camariñas.
Queima do Entrudo en Podence en Trás-os-Montes (Foto: Felipe-Senén)--
star
Reportaxes

Entroido galego. Variedade, ostentación, tradición, creación... competencia

Unha das características da Galiza, motivada pola paisaxe e a intervención do ser humano, isto é polas incidencias culturais 
-a fonda prehistoria, o mundo céltico, romano, cristián, medieval, a misión, as viaxes...- é a variedade, o minifundismo de leiras, castros, parroquias, o barroquismo. E pese a todo, non poden os bombardeos mediáticos e consumistas con semellantes orixes e coa orixinalidade, aínda así tamén se deixan enxergar os feísmos, os castrapismos, os novos esperpentos como efectos da aculturación.

Xenerais no entroido de Fao, no concello de Touro, comarca de Arzúa. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

O Entroido: participar ou observar

Manuel Vilar Álvarez é o director do Museo do Pobo Galego.

Tradicións

Sara Marchena e Alba María.
CULTURA

A Pobra do Brollón busca recuperar a tradición do brindo

Sara Marchena e Alba María dirixen os obradoiros.
O ano comezou cun temporal de chuvia que anegou varias comarcas da Galiza, entre outras a da Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Sortes e resortes: a observación "máxica" como método de predición meteorolóxica

Adoración dos Magos na igrexa de San Bieito do Campo, Santiago de Compostela. (Foto: P. Lameiro)
A tradición recupera vitalidade ao longo do país

Os Cantares de Reis, unha forma excepcionalmente rica do patrimonio

Os cantos de Reis constitúen un xénero que provocou formas musicais propias e que constitúe unha parte sorprendentemente rica do patrimonio inmaterial da Galiza. Os tipos de canto mudan segundo os lugares en que se dean, mais a tradición de reunirse para ir cantar de casa en casa é a mesma en todo o país.  
Antón Cortizas é docente e escritor (Nós Diario).
Contracultura

Antón Cortizas: "No xogo tradicional hai un valor moi importante: os roles sempre son cambiantes"

Antón Cortizas, docente e escritor, foi galardoado co Premio Arume polo seu poemario Os versos da mariola, onde mestura os seus coñecementos sobre o xogo tradicional cos versos e as rimas. Cortizas aborda as particularidades deste tipo de xogos así como as consecuencias da perda do que é, como el di, "unha forma natural do desenvolvemento humano". 
O lume novo é unha fogueira que se prende o 1 de xaneiro para o bo comezo do ano. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As panxoliñas, a adiviñanza e o lume novo caracterizan o Fin de Ano galego

Durante o Nadal, os defuntos e as ánimas tamén están moi presentes na cultura do país
'O día 1 de abril van os burros a onde non deben ir', reza a fraseoloxía galega (Foto: quendadetarde.blogspot.com)
SOCIAL

28 de decembro ou 1 de abril: Cal é o día para facer brincadeiras na Galiza?

En todo o mundo máis de 20 países conmemoran no 1 de abril o día das brincadeiras.
O espazo Eira da Xoana, impulsado por Adega en Agolada, traballa en recuperar a tradición do tizón de Nadal (Foto: Xosé Salvadores).
CULTURA

Tizón, ánimas, Trubincos e outras tradicións das semanas do Nadal

As celebracións do ciclo das presentes festas comprenden varios días. A Noiteboa, Nadal, Santos Inocentes, San Silvestre, Aninovo e o Día de Reis. Segundo sinala a 'Nós Diario' o antropólogo Rafael Quintía, son "as clásicas festas do cambio de ciclo presentes na cultura galega e internacional". Explica que neste tipo de celebracións "repítense determinados ritos presentes noutros períodos como Defuntos ou San Xoán".