tradución

A filóloga María Alonso Seisdedos é a tradutora de 'Canto eu e a montaña baila', galardoada con dous premios. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Alonso Seisdedos: "A situación mellorou moito no panorama da tradución e temos excelentes profesionais"

María Alonso Seisdedos, filóloga e tradutora, fala do Premio Plácido Castro -da fundación homónima-, no que foi recoñecida pola tradución do catalán ao galego da obra Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá, e que lle será outorgado o día 30 de setembro. Alonso fala dos procesos internos no seu labor e dun panorama no que, como ela di, "as novidades literarias duran menos de tres meses".
A tradutora María Alonso Seisdedos. (Foto: María Alonso Seisdedos)
CULTURA

María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución

A filóloga obtivo o galardón por unha adaptación ao galego dunha obra en catalán.
Kathleen March. (Foto: Santos-Díez)
Entrevistas

Kathleen March: "A Galiza precisa dun Instituto do Libro, ese Instituto Rosalía de Castro que teño escoitado mencionar"

Kathleen March naceu en Rochester (NY) en 1949 e formouse como especialista en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses; na actualidade é catedrática emérita de Español na University of Maine. Chegou á Galiza en 1975 un pouco por casualidade, para estudar a poesía de Manuel Antonio, e aquí quedou prendida da cultura e do país. Desde aquela, ten publicado estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e, sobre todo Rosalía de Castro, ademais de desenvolver un incansábel labor como tradutora. Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), que se revelou como unha utilísima ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.

Políticos ilustrados

Os criterios de adxudicación das axudas non se axustan á realidade do sector editorial galego.
As editoras reclaman un maior diálogo e máis participación

O sector editorial acusa de desleixo á Xunta polas axudas á tradución

O sector editorial segue descontento cos criterios que a Xunta estabelece para outorgar as axudas á tradución de textos literarios, considerándoo pouco profesionais.
Alejandro Tobar, da editorial Hugin e Munin.
O catálogo consta xa de máis de cen títulos procedentes de 18 linguas

A editorial Hugin e Munin celebra dez anos traendo outras literaturas ao galego

De Pasolini a Asimov; de Aphra Behn a Siri Hustvedt; de Strindberg a Yasmina Reza. As literaturas do mundo dialogan co galego grazas ás traducións. Hugin e Munin celebra este Nadal dez anos de actividade, nos que creou un corpus de máis de cen títulos e propiciou o enriquecemento do caudal artístico da nosa lingua.
A poeta Louise Glück foi gañadora dun premio Nobel. (Foto: Chan de Pólvora)
CULTURA

A poesía da Nobel americana Louise Glück poderá lerse en galego

A editora Chan de Pólvora publica 'Receitas de inverno desde a comunidade', a nova proposta de poesía da escritora. O libro foi traducido ao galego polo tamén escritor Samuel Solleiro. Esta saída ao mercado forma parte dunha forte aposta na gañadora do Nobel de Literatura de 2020.
Darío Xohán Cabana no verán de 2019. (Foto: Jose Aragunde / FTT)
CULTURA

O mundo da cultura chora a perda de Darío Xohán Cabana, mestre da lingua

Foi un clásico no sentido clásico. Escribiu sonetos e traduciu a Dante en tercetos encadeados. Erixiu novelas como torres que sinalan un camiño e poemas como cervos que baixan a beber nas fontes. Darío Xohán Cabana deixounos coa discreción de que sempre fixo gala, malia ser o autor dunha obra dun valor extraordinario. 
A tradutora Antía Veres. (Foto: Cedida).
Antía Veres é tradutora

Antía Veres: "Arundhati Roy relata de maneira brutal episodios e prácticas de discriminación e de machismo"

A India. 1969. Ammu abandona o seu marido, alcólico e maltratador, e marcha cos seus fillos xemelgos. Como muller divorciada, é vista como unha paria. Así arranca O deus das pequenas cousas (Kalandraka, 2021), novela coa que a escritora Arundhati Roy debuta en 1997. "Unha profunda e poética análise das raíces da India". Unha obra que agora ve luz en galego grazas ao labor da tradutora Antía Veres, a quen lle lanzamos unhas preguntas para saber máis sobre esta novela. 

Xela Arias Castaño (Foto: Xulio Gil).
star
CULTURA

Entre Baudelaire e Angela Carter, unha ollada á Xela Arias tradutora

Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora (Xerais, 2021) é a primeira obra que pon o foco na faceta tradutolóxica desta autora, homenaxeada co Día das Letras Galegas. Un libro que deita luz non só sobre as traducións de Xela Arias e sobre o seu papel como tradutora e como mediadora cultural, senón tamén sobre a configuración do sistema literario galego desde os 80 até a actualidade. 
 
Ambos os docentes imparten as súas materias na Facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo. (Foto: DUVI)
Burghard Baltrusch é filólogo

Burghard Baltrusch: "É fundamental que alumnado e público poidan entrar en contacto con investigadoras"

Os docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Burghard Baltrusch e Antía Monteagudo son os encargados de organizar o ciclo Vozes Mulheres nas literaturas en língua galega e portuguesa, aberto ao público e que constará de recitais e faladoiros do 3 de novembro ao 1 de decembro. Neste ciclo divulgativo e de estudo participarán especialistas portuguesas afincadas en Francia, Reino Unido e Portugal, así como a galega Chus Nogueira, da USC. Centraranse no estudo de autoras lusófonas e galegas como Chus Pato ou Isabela Figueiredo.  
Un fragmento de 'Astérix e o Grifón'.
Xerais publica, nun lanzamento simultáneo en 17 linguas, a última aventura de Astérix

A aldea gala segue sendo irredutíbel

Asterix e o Grifón é a nova aventura do pequeno heroe galo, editada nun lanzamento simultáneo en dezasete linguas diferentes. O novo álbum incorpora, como é habitual, novas preocupacións que o manteñen en sintonía coa actualidade: a defensa do medio ambiente e o feminismo. 

Os galegos non sabemos ler en español

A falta de control da Xunta abre as portas á picaresca na convocatoria de axudas á edición.
A Xunta non detectou un caso de intrusismo na convocatoria

A empresa dunha condenada por estafa recibe da Xunta da Galiza 30.000 euros en axudas para traducións

A falta de control na concesión das axudas da Xunta da Galiza á tradución de textos literarios provocou que unha empresa dada de alta pouco antes da convocatoria por unha muller condenada por estafa fose a segunda máis beneficiada na convocatoria destas
subvencións. As editoriais galegas insisten en que advertiron do risco.
image_gallery
Trinta e tres editoras reparten os 200.000 euros de subvencións

O desleixo da Xunta nas axudas á tradución literaria indigna as editoriais

A Xunta pagará para que se traduza a mesma obra tres veces. Ademais, concederá unha estimábel cantidade de diñeiro para que se vertan ao galego obras de autores nados na Galiza que escriben ou escribiron en castelán. Estes son só algúns dos desatinos que exasperan ás editoriais galegas.
Laureano Araujo
CULTURA

Laureano Araujo, gañador do Premio Plácido Castro de Tradución

Pola tradución da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, “Schlumpf, Erwin: Homicidio”.

Hai dúas liñas principais que conducen as traducións de Xela Arias. Foto: Xulio Gil.
star
Xela Arias: Voz Galega de Seu

A ponte dos vampiros

Mario Regueira mostra como o labor de Xela Arias no campo da tradución tivo un valor estratéxico e simbólico nun contexto en que a representación da lingua e da cultura galega adquirían un papel fundamental na sociedade, nun tempo “en ocasións con pouca consciencia das súas propias limitacións e tamén das súas potencialidades”.
Iria Taibo
LINGUA

Tradución e interpretación, dereitos laborais e lingua na era poscovid-19

No vixésimo aniversario da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti), Nós Diario conversa coa súa presidenta, Iria Taibo, arredor da situación actual das e dos profesionais, das consecuencias da Covid-19 no seu traballo, da edición literaria e do papel da Administración.
Ilustración de 'Unha noite no tren da Vía Láctea', de Kenji Miyazaw, publicado por Aira o pasado ano. (Foto: Miguel Robledo)
star
CULTURA

A literatura nipoa en galego en máis dunha ducia de obras traducidas

A poesía de Chika Sagawa, os 'best-selleres' de Haruki Murakami ou a delicada prosa de Hiromi Kawakami son algunhas das obras nipoas que forman xa parte do noso sistema literario. Malia tratarse dunha lingua distante e con poucas profesionais especializadas, cada vez suman máis os títulos xaponeses que podemos atopar en en galego, mesmo antes que en castelán.  
not_32190
star
CULTURA

Contra a orde estabelecida: unha Xela por descubrir

Tensando a linguaxe até o extremo, a que se denunciaba "asasina de equilibrios" faría hoxe 59 anos. 'Nos Diario' achégase á rompedora traxectoria de Xela Arias alén da poesía.