transporte

Autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, en Redondela (Foto: Arxina).
SOCIAL

Así podes solicitar as axudas de até 1.300 euros para o carné de conducir

O prazo para solicitar a subvención abre esta quinta feira e remata o 28 de outubro.
Tren luso de alta velocidade. (Foto: Sergei Gussev - CC BY 2.0)
SOCIAL

A alta velocidade unirá Porto coa Galiza en menos dunha hora: eis os tempos de cada viaxe

As obras decorrerán en diferentes fases a partir de 2025.
Crianzas baixando do transporte escolar en Nadela, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Anpas de Compostela chaman á mobilización despois de que a Xunta reduza os problemas do transporte escolar a "axustes"

Román Rodríguez afirmou que "todos os anos adoita haber problemáticas concretas" nunha rede que dá servizo a 77.000 escolares.

Perder o tren e o bus

queixas bus
SOCIAL

Vaga de queixas pola supresión de rutas e a escaseza de servizos de autobús na Galiza

Asociacións de nais e pais denuncian graves deficiencias no transporte escolar, persoas usuarias que organizan protestas polo mal servizo en liñas interurbanas, viaxeiras que teñen que optar polo coche particular ante atrasos e supresión de rutas... O transporte por estrada empeza o curso con críticas e denuncias.

A ONU defende o uso da bicicleta como medio de transporte simple, accesíbel, limpo e ambientalmente sostíbel. (Foto: ConBici)
SOCIAL

O transporte por estrada lastra unha mobilidade máis activa, limpa e sostíbel

Desde hoxe máis de 1.700 vilas e cidades europeas, entre elas varias galegas,  conmemoran a Semana da Mobilidade, unha cita que busca reivindicar conexións máis sostíbeis, saudábeis e seguras, pero tamén dar a coñecer as experiencias de quen xa aposta por unha mobilidade alternativa en vilas e cidades, mais en áreas interurbanas.
A proposta de orzamentos do Estado esquece as grandes actuacións en infraestruturas ferroviarias. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Máis de 28.000 persoas teñen xa o abono de Renfe na Galiza

O Goberno estatal estima un aforro de entre 700 e 1.900 para as persoas usuarias durante os catro meses que durará a medida. O tren Avant que percorre a liña A Coruña-Ourense é finalmente sufragado a 100%.
Peroas comprando billetes de tren na estación compostelá de Renfe (Foto: César Arxina / Europa Press).
SOCIAL

Alertan de saturación nos trens: "Ducias de viaxeiros quedaron en terra"

CXT demanda máis prazas nos trens de maior afluencia e a reposición das liñas suprimidas pola pandemia.
Antiga estación de autobuses de Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta subvencionará o 50% do billete en bonos de bus, barcos na ría de Vigo e tren en Ferrol

A Xunta bonificará o 50% do billete nos bonos multiviaxe de autobús interurbano, así como do transporte na ría de Vigo e o tren na área de Ferrol desde o 1 de setembro até o 31 de decembro.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Rego exixe que o Goberno español inclúa a Galiza na proposta de autoestradas ferroviarias de mercadorías

O deputado nacionalista lamentou unha “nova discriminación da Galiza en materia ferroviaria”.
Corredores prioritarios para as autoestradas ferroviarias de mercadorías. (Infografía: Nós Diario)
POLÍTICA

O Goberno estatal exclúe a Galiza das autoestradas ferroviarias de mercadorías

O Goberno estatal deixa fóra Galiza da súa proposta de autoestradas ferroviarias de mercadorías. O plan pretende impulsar este tipo de transporte na liña das recomendacións da Unión Europea. Malia contar o Estado cunha ampla rede ferroviaria, 95,7% do total das mercadorías desprázanse
por estradas.
Imaxe de arquivo dun tren de Media Distancia. (Foto: Renfe)
SOCIAL

Os abonos gratuítos do tren e a bonificación do combustíbel poderían estenderse até o próximo ano

A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, di agora que "non é momento propicio" para implantar as peaxes nas autovías. Aliás, pide "paz social" aos sindicatos ante as advertencias dun "outono quente" se os empresarios deciden non subir os salarios debido á crecente inflación.
Un guindastre realiza os traballos para tirar o último tramo do viaduto do Castro. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Cae o tramo do viaduto do Castro que aínda quedaba en pé, despois de 48 horas de traballos

As obras comezaron esta cuarta feira.

Baño de realidade

Varios camións cruzan a estrada anexa ao tramo do viaduto colapsado na A-6 en agosto de 2022. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A "caótica" situación que viven os transportistas ao cruzar Pedrafita: "Isto é un descontrol total"

A patronal do transporte exixe "axudas" ao Executivo estatal para facer fronte aos gastos de combustíbel.
Apuntan a "unha acumulación de fallos" como causa do sinistro na ponte da A-6. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
SOCIAL

Comezan na cuarta feira os traballos para desmontar parte do viaduto da A-6 afectado polo colapso

O Goberno español asegura que as investigacións para descubrir as causas do sinistro "avanzan a bo ritmo".
A ministra portavoz, Isabel Rodríguez, intervindo na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros desta segunda feira (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
ECONOMÍA

O alumeado dos escaparates terá que permanecer apagado a partir das 22 horas

O Executivo español aproba as medidas do plan de aforro enerxético.
O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, foi sancionado en múltiples ocasións por negarse a retirar o adhesivo que tapa o 'E'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A loita identitaria tamén se libra na matrícula: Interior, obrigado a revogar multas por colar o 'GZ' por riba do 'E'

Cubrir cun adhesivo o 'E' de España nas placas dos vehículos non é obxecto de sanción segundo a lei, que unicamente estipula que non poderá presentar "obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura ou identificación". Por este motivo, o Ministerio anula as multas impostas.
Valentín González Formoso, este domingo, en Sigüeiro. (Foto: PSdeG)
POLÍTICA

Alén do tren, será tamén gratuíto o transporte metropolitano? Formoso pide á Xunta un "esforzo"

O líder do PSdeG celebra que a gratuidade do tren de media distancia "beneficiará miles de galegos".
Un dos convois que fabrica Talgo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A chegada á Galiza dos trens Avril segue sen data

Renfe avanza que penalizará a compañía fabricante, Talgo, por incumprimento de contrato, ao tempo que Alfonso Rueda acusa o Goberno estatal de "buscar culpábeis sen dar solucións".