ECONOMÍA
O sector lácteo augura un novo ano complicado polos custos de produción
04/xan./22
A suba do prezo do leite en novembro non compensa a prevista para os pensos e a enerxía
A situación das explotacións gandeiras galegas dedicadas á carne e o leite segue a ser de extrema gravidade como veñen denunciando nos últimos meses varias organizacións sindicais. Esta cuarta feira Unións Agrarias (UUAA) afondaba con datos das comarcas de Lugo e Pontevedra no inicio dunha campaña de denuncia e sensibilización, e Agromuralla ameazaba con novas mobilizacións ao tempo que exixía medidas de control do prezo do leite.