"Se o de València pasase en Vigo, os poucos bombeiros que estariamos na intervención non seriamos capaces de salvar as vidas, non teriamos vehículos suficientes para chegar os andares", alertan, a través dun comunicado.
"Polo momento temos identificadas a 14 persoas ilocalizábeis, cifra que vai variar porque traballamos en tentar localizar as persoas que poderían quedar", sinala a delegada do Goberno estatal no País Valencià, Pilar Bernabé.
O fogo xerou unha gran columna de chamas e unha densa fumareda que afecta varias plantas do edificio segundo se pode contemplar en imaxes difundidas por redes sociais.
O fiscal pronunciouse así na penúltima sesión do xuízo pola peza A de Imelsa, en relación cun presunto financiamento irregular nas campañas electorais do PP de València en 2007 e 2011 a través de doazóns e pagos de empresas.
A organización xuvenil de Compromís, Joves PV, solicitou a través das súas redes sociais o voto para o BNG nas próximas eleccións ao Parlamento galego do 18 de febreiro. “Todo o apoio para o BNG e Galiza Nova -organización xuvenil do nacionalismo galego- nas eleccións do próximo 18 de febreiro”, indicaban.
O acordo de goberno entre o PP e a ultradereita de Vox recolle medidas polémicas no referido a materias como lingua, migracións, violencia machista ou igualdade.