Turismo

Os destinos enogastronómicos da Deputación da Coruña preséntanse en València

A área de Turismo do ente provincial asiste na localidade de Cullera á Xornada Técnica de Destinos Enogastronómicos.
Xornada Técnica de Destinos Enogastronómicos de Cullera. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Xornada Técnica de Destinos Enogastronómicos de Cullera. (Foto: Nós Diario)

A área de Turismo da Deputación da Coruña participou esta segunda e terza feira na Xornada Técnica de Destinos Enogastronómicos que decorre en Cullera (València), organizada por Saborea España. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, foi un dos asistentes ao encontro, do que destacou a "oportunidade de aprendizaxe e intercambio de experiencias con outros destinos".

A delegación da entidade provincial en Cullera coincidiu durante a xornada, ademais, con responsábeis dos Fogóns do Anllóns, un dos plans enogastronómicos da Deputación. O outro é o Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle, ambos os dous financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Os Fogóns do Anllóns pon en valor a riqueza natural, histórica e gastronómica do territorio do río Anllóns.O obxectivo é posicionar os concellos da súa contorna como destinos de referencia de turismo de natureza e gastronómico.

Pola súa parte, o PSTD Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle recupera un dos itinerarios da rede das Vías Verdes española para a súa posta en funcionamento como ruta de transporte non motorizado, reutilizando un antigo trazado ferroviario existente entre Santiago e A Coruña. O obxectivo é a dinamización do territorio rural polo que discorre a través da posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos integrados.

Comentarios