violencia machista

Imaxe de arquivo dunha manifestación contra a violencia machista (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Unha de cada catro vítimas da violencia machista na Galiza é menor de 30 anos

A subdelegada do Goberno español presidiu un encontro que analizou os novos recursos lexislativos respecto a a violencia na infancia e a adolescencia.
Vigo
SOCIAL

Volencia machista: detido en Vigo por insultar e morder no pómulo á súa parella en plena rúa

Os axentes puideron comprobar que este tipo de agresións eran habituais por parte do detido, aínda que a súa parella nunca o denunciou.
Milleiros de persoas participaron na manifestación que percorreu Compostela desde a praza do 8 de marzo até Praterías (Foto: Arxina).
Mobilizacións en todo o país polo 25-N

A Galiza volve tomar as rúas contra a "xustiza patriarcal"

Máis unha vez, o movemento feminista galego fixo este 25 de novembro unha demostración de forza contra as violencias machistas, presentes en "todos os ámbitos", e fronte a unha "xustiza patriarcal" que "dubida máis da vítima que do agresor".
Recreación dun cemiterio en Vigo en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas, o 25 de novembro de 2020 (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
star
Radiografía das violencias machistas na Galiza

5.700 denuncias ao ano por violencia machista, mais só denuncia unha de cada cinco vítimas

A Galiza volve saír ás rúas nun novo 25 de novembro para denunciar o que segue a ser unha crúa realidade: a violencia machista afecta, en todas as súas formas, a unha de cada tres mulleres. No ano da pandemia medraron as denuncias, mais o medo ao agresor provoca que só cheguen á vía xudicial 22% dos episodios machistas. Desde 2003 foron asasinadas 65 galegas polas súas parellas ou ex parellas sentimentais. Aliás, unha de cada tres galegas asegura ter sufrido algún tipo de violencia machista ao longo da súa vida.
Manifestación en Compostela o pasado 8 de marzo (Foto: Arxina).
SOCIAL

De "casos illados" a cuestión de Estado: así evolucionou o tratamento da violencia machista

Oito de cada dez galegas e galegos consideran as violencias machistas "un problema social que compromete todas as persoas". Nos últimos anos a sociedade ten dado pasos significativos na concienciación sobre estes crimes, se ben tanto nas rúas como por parte dos medios de comunicación queda aínda "moito que facer".

Non é lacra, é patriarcado

O Consello estima que deberían estabelecerse as obrigaspara a Administración Pública como entidade empregadora no que se refire aos dereitos de igualdade e conciliación(Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A violencia contra a muller no traballo segue invisibilizada

Exixen ás empresas protocolos de prevención e tratamento do acoso, así como mecanismos preventivos e de resolución de denuncias
A loita contra a violencia machista volve ocupar o espazo público (Europa Press).
SOCIAL

25-N: folla de ruta contra a violencia machista

A Galiza acolle mobilizacións e actos impulsados polo feminismo e outras institucións
A denuncia do colapso na Atención Primaria centrou o pleno do Parlamento galego (Foto: Arxina)
SOCIAL

Unanimidade no Parlamento: Gravacións como as da Maruxaina pasan ser violencia machista

A Xunta impulsará acordos para establecer criterios e mecanismos de denuncia e retirada de contidos de violencia dixital.

Mural realizado por internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero (Foto: Instoitucións Penitenciarias).
Nerea Fernández é traballadora social

Nerea Fernández ante o 25-N: "Temos recursos e son bos, pero a coordinación non é eficaz para as mulleres"

Só 8% das mulleres que sufriron violencia sexual fóra da parella denuncian, lembran desde o Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza. As que non se atreven fano por medo, indefensión e vergoña. Con motivo do 25-N a entidade reclama formación e reflexión, ademais de reivindicar o papel do acompañamento e do apoio social.
O fiscal Fernando Suanzes entregou a memoria da Fiscalía ao presidente do Lexislativo, Miguel Santalices (Foto: Parlamento da Galiza)
SOCIAL

A Galiza rexistra 17 procedementos penais ao día por violencia machista

O fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, ve "inasumíbeis" os casos de violencia contra as mulleres e avirte de que "non abonda" con medidas de protección. Así o dixo na presentación da memoria de 2020 da Fiscalía, ao tempo que remarcou que estatisticamente a ocupación de vivendas non é preocupante no país. 
Acción do alumnado do IES Sánchez Cantón de Pontevedra o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia Machista (Imaxe: En negro contra as violencias).
SOCIAL

A Xunta vincula o aumento das denuncias de agresión sexual ao menor medo da muller a “non ser crida”

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, sinalou que as agresións sexuais aumentaron nos últimos anos en Galiza, aclarando que este dato pode ser "positivo, pero con precaución", debido a que até o de agora as mulleres non denunciaban "por medo a non ser cridas".
José Miñóns nas xornadas (Delegación do Goberno español)
SOCIAL

Galiza ten activos máis de 4.000 casos de vítimas de violencia machista

A Delegación do Goberno español informou que hai 688 as mulleres vítimas de malos tratos na Galiza usuarias do servizo de atención telefónica 24 h 'Atenpro' e 113 maltratadores condenados están vixiados permanentemente con dispositivos de control telemático. 
Imaxe de arquivo dunha muller camiñando pola muralla lucense. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Violencia machista

Detido por agredir e guindar unha rapaza desde a Muralla de Lugo

Desde unha altura de 12 metros. Un transeúnte escoitou berros de auxilio e localizou a vítima, que presentaba varias fracturas, tirada no fondo dun patio interior.

 

Inés Iglesias Canle é catedrática e profesora de Dereito Procesal na Universidade de Vigo (Foto: UVigo).
Violencia sexual

Inés Iglesias, catedrática de Dereito Procesal: "Se se cuestiona a vítima constantemente vai ser difícil que confíe na xustiza"

Inés Iglesias Canle, catedrática e profesora de Dereito Procesal na UVigo, dirixe a canda María Jose Bravo Bosch o I Congreso Internacional sobre Violencia Sexual que se clausura esta sexta feira. Un foro de discusión e intercambio entre a Galiza, Portugal, Italia e Brasil arredor das propias lexislacións co fin de corrixir os vicios eventuais do sistema.
Manifestación de apoio ás mulleres gravadas nas festas da Maruxaina, en abril de 2021. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O feminismo, contra o arquivo dos vídeos da Maruxaina

Consideran que a decisión do xuíz  "permite que as mulleres sexan violentadas nas rúas e revictimizadas nos xulgados".
Concentración na Coruña e 2020 con motivo do 25-N, día internacional contra a  violencia de xénero. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Rexistráronse 18 denuncias ao día por violencia machista no segundo trimestre

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano un total de 1.649 denuncias por violencia machista, un 10,4% máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.493.

Para pensar

Xornalistas xunto ao edificio no que residía a vítima. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A Xustiza envía a prisión comunicada e sen fianza o detido polo asasinato machista da Coruña

O home, de 48 anos, foi arrestado en Madrid na noite da quinta feira. Esta a ser investigado como presunto autor da morte da súa parella, unha muller de 52 anos, no barrio coruñés do Birloque. Este sábado miles de persoas concentráronse en 35 vilas galegas en repulsa polo que se considera o primeiro feminicidio do ano na Galiza.
Concentración decorrida este sábado na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Miles de galegas e galegos amosan a súa repulsa polo asasinato machista da Coruña

Distintas organizacións, entre elas varias plataformas feministas, estiveron detrás da convocatoria que decorreu na tarde deste sábado en 35 localidades do país. O detido polo crime, que era parella da vítima e que foi arrestado na quinta feira en Madrid, pasará a disposición xudicial este domingo segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza.