vivenda

A ministra española de Asuntos Económico, Nadia Calviño, e a ministra portavoz, Isabel Rodríguez, esta terza feira en rolda de prensa.
star
ECONOMÍA

O Goberno estatal elimina a prórroga do aluguer por seis meses mantendo o mesmo contrato

O Consello de Ministros e Ministras do Estado español compareceu esta terza feira para anunciar a aprobación dun decreto a través do cal se actualizarán as medidas 'anticrise' aprobadas o pasado mes de decembro e que caducaban o próximo 30 de xuño.

Os problemas da vivenda

Vivenda vella e nova na cidade de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
star
Análise

Direito a vivenda

Nemésio Barxa é integrante da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislazom; da Comision Superior para estudo e desenvolvimento do Dº Civil Galego. Presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos. Advogado.
Goretti Sanmartín recibiu Antonio López no Pazo de Raxoi. (Foto: Concello de Compostela)
SOCIAL

A vivenda e as infraestruturas, no foco da colaboración entre o Concello de Compostela e a USC

Concello e USC porán en marcha unha comisión técnica e un protocolo para abordar temas conxuntos

SONY DSC
SOCIAL

Os pisos turísticos quintuplican as vivendas de protección da Xunta da Galiza

Na Galiza hai 18.946 vivendas de uso turístico (VUT) mentres non chegan a 3.800 as vivendas que integran o parque público da Xunta da Galiza. Unha desproporción de cinco a un. Ás portas dunha tempada estival que apunta a un récord de turistas na Galiza, a oferta de pisos para ese sector aumenta a pasos de xigante ao tempo que a vivenda como dereito non existe para miles de galegas e galegos.
As cidades galegas suman un número importante de vivendas baleiras. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A compravenda de vivendas cae 15% na Galiza, o dobre que a media estatal

A compravenda de vivendas sitúase en terreo negativo durante os catro primeiros meses de 2023 no país.
Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
Agora

As execucións hipotecarias sobre vivendas caen 50% no primeiro trimestre

No primeiro trimestre deste ano rexistráronse no conxunto da Galiza un total de 66 execucións hipotecarias sobre vivendas, o que se traduce nun descenso de 50,7% en comparanza co mesmo período de 2022, cando se contabilizaron 134. Con base nas cifras publicadas esta sexta feira polo INE, esta caída é superior á media estatal, pois no conxunto do Estado español producíronse 3.693 execucións hipotecarias entre xaneiro e marzo, un 31,1% menos. Das 66 execucións na Galiza, 65 eran sobre vivendas de persoas físicas e unha sobre un domicilio de persoa xurídica. Aliás, houbo 128 execucións sobre leiras no país, das que 31 eran leiras rústicas.
Os grandes concellos galegos, como A Coruña ou Vigo (na imaxe) non teñen políticas de alugueiro de vivenda de titularidade pública. (Foto: Nós Diario)
Agora

O metro cadrado da vivenda de segunda man ascende até os 1.347 euros

A vivenda de segunda man na Galiza encareceu 3,39% en maio a respecto do mesmo mes de 2022, segundo o último informe do portal inmobiliario Pisos.com, que sitúa o prezo do metro cadrado en 1.347 euros, o mesmo que en abril. No conxunto do Estado español subiu o seu custo por volta de 6,47% en maio, até os 2.053 euros o metro cadrado. Por circunscricións, Pontevedra foi a que rexistrou un maior incremento, subindo 7,55%, até os 1.601 euros o metro cadrado. Na Coruña só creceu 0,07%, até 1.378 euros, mentres que en Lugo o incremento foi de 2,18%, con 910 euros, e en Ourense, de 0,74%, até 951 euros o metro cadrado.

Eu, ti, ela, nós e o fascismo

combo vivenda alexandra eduardo anxeles
POLÍTICA

A Xunta alude "aos okupas" ao debater sobre a falta de vivenda pública na Galiza

A oposición reprocha ao Goberno galego o "abandono" das súas competencias en vivenda
Só 7% das persoas que residen en municipios de menos de 50.000 habitantes viven de alugueiro. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A sinatura de hipotecas baixa 13,8% en marzo na Galiza a respecto do ano pasado

A nivel estatal, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas baixou 15,7% o pasado mes de marzo respecto ao mesmo mes de 2022, até sumar 36.182 préstamos, sempre segundo datos do INE.
Rúa da Virxe da Cerca en Compostela. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

A vivenda colaborativa: un negocio controvertido

María Cadaval é profesora de Economía Aplicada na USC.
Construccion-Vivenda-20
star
SOCIAL

Galiza lidera cun millón de persoas a exclusión residencial en todo o Estado

Galiza atópase á cabeza do Estado en exclusión residencial. Segundo o INE, 635.000 persoas dedican á vivenda máis de 40% dos seus ingresos. O acceso á vivenda estase a converter nun luxo pola alza de prezos do mercado en propiedade e en aluguer.

Hai menos de 3.000 vivendas en aluguer na actualidade, segundo Fegein. (Foto: Inmovart)
ECONOMÍA

Cáritas alerta do inzamento de "pisos pateira" e "camas quentes" en Santiago: "Aprovéitanse de persoas vulnerábeis"

Trátase na súa maioría, apuntan desde esta organización, de persoas migrantes en situación administrativa irregular.
José Manuel Sande esta segunda feira (Foto: Por Coruña).
28-M

José Manuel Sande, alcaldábel de Por Coruña, pon o foco na vivenda de cara ao 28-M

"A vivenda é un dos problemas máis sinalados polas coruñesas e coruñeses", segurou Sande.
A Rede Galega contra a Pobreza presentou esta terza feira unha exposición (Foto: EAPN Galiza).
star
ECONOMÍA

635.000 persoas dedican na Galiza máis de 40% dos seus ingresos a vivenda

As dificultades para atopar vivenda aumentan se quen a busca pertence aos sectores máis desfavorecidos da sociedade. Por este motivo, EAPN Galiza lanza a campaña #Emerxenciavivenda, desta vez cunha exposición con datos e imaxes do problema.

Mocidade endebedada

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xunta de Galiza)
POLÍTICA

Ángeles Vázquez asegura que a Sareb non ten dispoñíbel na Galiza ningún dos pisos comprometidos polo Goberno central

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cre que a Lei de Vivenda vai ser "un caos": "O 80% dos galegos poderían ser okupas se así o quixesen"
Ana Pontón pasea polo centro de Ferrol xunto o candidato do BNG á Alcaldía na cidade naval, Iván Ribas. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón aposta desde Ferrol pola rehabilitación para solucionar "os graves problemas de vivenda"

A portavoz nacionalista visitou o barrio da Magdalena con varios dos integrantes da lista do BNG na cidade naval.

Vista da cidade de Ourense. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Cando a túa política de vivenda son as ocupacións

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.