Xerais

As esculturas que levan as e os premiados. (Foto: Xerais)
CULTURA

'O negociador', 'Seres queridos' e 'Tritón', lemas dos finalistas ao Xerais de Novela

A persoa gañadora darase a coñecer o sábado 11 de decembro.
Manuel Rivas
star
Libros: 'As voces baixas', de Manuel Rivas

O Manuel Rivas máis imprescindíbel

Creo que ningunha persoa que siga a obra deste autor pode prescindir da lectura de As voces baixas, porque resulta fundamental para entender a obra e a figura de Rivas no seu conxunto e nas súas raíces máis profundas
'Unha rapaza de provincias' é a última novela da escritora Cecilia F. Santomé para Xerais. (Foto: Cedida) #xerais #ceciliafsantomé
CULTURA

Cecilia F. Santomé: "Quixen explorar a posición das mulleres dentro do movemento migratorio"

"1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán". Tamén unha Barcelona abafante. Unha cidade "de paso". Eis a presentación d'Unha rapaza de provincias (Xerais, 2021), a última novela da escritora Cecilia F. Santomé. Un tributo a esa emigración galega "interior, en feminino".

Ledicia Costas vén de presentar a nova aventura da saga dos Minimortos (Foto: Plumeria).
CULTURA

Ledicia Costas, escritora: "A morte galega gaña terreo polo mundo!"

Cada primeiro de novembro, os vivos dunha parte do mundo celebran a festa dos mortos mentres que os minimortos festexan... a dos vivos? Mais a que lle teñen medo os minimortos? Conversamos coa súa creadora, Ledicia Costas, neste Día de Defuntos, para saber máis sobre O Día dos Vivos (Xerais, 2021, con ilustracións de Mar Villar), a última entrega da saga dos minimortos. 
Xela Arias Castaño (Foto: Xulio Gil).
star
CULTURA

Entre Baudelaire e Angela Carter, unha ollada á Xela Arias tradutora

Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora (Xerais, 2021) é a primeira obra que pon o foco na faceta tradutolóxica desta autora, homenaxeada co Día das Letras Galegas. Un libro que deita luz non só sobre as traducións de Xela Arias e sobre o seu papel como tradutora e como mediadora cultural, senón tamén sobre a configuración do sistema literario galego desde os 80 até a actualidade. 
 
Un fragmento de 'Astérix e o Grifón'.
Xerais publica, nun lanzamento simultáneo en 17 linguas, a última aventura de Astérix

A aldea gala segue sendo irredutíbel

Asterix e o Grifón é a nova aventura do pequeno heroe galo, editada nun lanzamento simultáneo en dezasete linguas diferentes. O novo álbum incorpora, como é habitual, novas preocupacións que o manteñen en sintonía coa actualidade: a defensa do medio ambiente e o feminismo. 
premios xerais
CULTURA

Un total de 84 obras compiten polos Premios Xerais

Os gañadores nas tres categorías coñeceranse o 11 de decembro.

 

Un escaparate con novidades editoriais dentro da Semana do Libro de Compostela (Selic) (Foto: Selic).
CULTURA

Rentrée literaria: 10 libros coa última literatura infantil e xuvenil

Co gallo do inicio do curso escolar, achegamos algúns dos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego tirados do prelo neste mes de setembro, que inclúen a última novela de Francisco Castro, o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade de Iria Misa ou o regreso de Mortiña, de Barbara Cantini.
Xabier Quiroga
star
Entrevistas

Xabier Quiroga: "A maldade sempre resultou moi suxestiva para a literatura"

A represión franquista leva tempo sendo un dos eixes temáticos da narrativa de Xabier Quiroga. Desta volta e, tras cinco anos sen publicar nada, o autor olla a persecución da guerrilla ou o roubo de bebés como dúas das manifestacións máis terríbeis dese xeito de opresión. Xunto a elas traza unha trama de investigación sobre a verdadeira identidade dun descendente dunha familia fidalga. O resultado, baixo unha tona de xénero negro, lembra a novela decimonónica europea. Vidas que se cruzan para conformar a Historia que nos quixeron ocultar. 
Uxía Casal
star
Libros: 'O faro de Arealonga', de Uxía Casal

Fora de jogo

O romance foi publicado em 2001. Vinte anos passaram sem que lhe pese o tempo, a pesar de tratar o que daquela era atualidade científica: a modificação genética. Polo mesmo que não lhe pesam ao Frankenstein: a trama repousa em boa literatura. 
Carme Varela
star
Libros: 'As desterradas', de Carme Varela

Do mosteiro de Albeos

Unha ópera prima que gaña o premio Álvaro Cunqueiro e que ten como tema o despoboamento, por parte da Coroa de Castela, dos mosteiros bieitos do Reino da Galiza
Ledicia Costas.
star
Libros: 'Vampira de biblioteca'

Chucha-livros

Isso advirte a protagonista: se  não vás ler como verdade isto que conto, fecha o livro e continua a tua vida sem incomodar nem fazer perder o tempo. As leitoras incorporadas à narrativa como pares, como iguais. 

carme
CULTURA

Carme Varela: "Estas monxas eran valentes, unhas tipas que rachaban coas normas"

Teatro, historia e resistencia camiñan da man en ‘As desterradas’ (Xerais, 2021), a obra coa que Carme Varela (Duomes, A Baña) se alzou co prestixioso Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na edición do seu XXV aniversario. Conversamos coa autora arredor desta peza sobre as abadesas expulsadas de Albeos. 
Rosa Aneiros
star
Libros: 'Sibila', de Rosa Aneiros

O ton das profecías

O mundo de Sibila é moi semellante ao noso, aínda que cunha catástrofe ecolóxica máis próxima que comeza a afectar a algúns dereitos das persoas, que non poden permanecer en certos territorios protexidos, e tamén a aspectos como a súa fertilidade. 
O Teatro Circo Tamberlick, onde se estreou a ópera 'O Mariscal'. (Foto: L. Roisin) #omaruscal #vigo #teatro #circo #tamberlick
CULTURA

Un paseo polo Vigo máis indómito, o das clases populares

Unha guía percorre a historia da cidade desde a óptica das clases populares. Se cadra, o verdadeiro sentido da Historia atópase nas marxes nas que o discurso oficial nunca se fixa. Marxes, precisamente, é o título do libro que veñen de publicar Xurxo Martínez e David Rodríguez, para vindicar un Vigo das clases populares, obreiro, nacionalista, feminista e ilustrad0 que contradí máis dun tópico.
Manuel Darriba (Foto: Toño de López)
star
Entrevistas

Manuel Darriba: A voz heterodoxa

Un escritor fracasado, Ganzúa, camiña por un mundo ao que só lle quedan uns días. Porque é a guerra -de clases-. E a catástrofe ambiental. Os Peiteados, seres clónicos ao servizo do Capital protexidos polas Hordas, están dispostos a seguir esmagando a Cotra. Mais o seu destino, como o dos demais, é ser varridos pola Historia. Polo Real que, malia todo, muda. Así é 'A Realidade' (Xerais), a nova novela de Manuel Darriba. Un autor que volve revelarse nesta obra como unha das voces máis orixinais da narrativa galega. 
Fran Alonso.
star
Libros: 'Douche a miña palabr', de Fran Alonso

Creando amor pola literatura

Douche a miña palabra expón todo o universo que hai detrás da literatura infantil e xuvenil orientado o seu discurso ao seu propio público.
Hai dúas liñas principais que conducen as traducións de Xela Arias. Foto: Xulio Gil.
star
Xela Arias: Voz Galega de Seu

A ponte dos vampiros

Mario Regueira mostra como o labor de Xela Arias no campo da tradución tivo un valor estratéxico e simbólico nun contexto en que a representación da lingua e da cultura galega adquirían un papel fundamental na sociedade, nun tempo “en ocasións con pouca consciencia das súas propias limitacións e tamén das súas potencialidades”.
Xela Arias con X. García Crego e Celia Torres en Xerais, no ano 1989. Foto: Vilar Cardona
star
Xela Arias: Voz galega de seu

Xela Arias, editora pioneira

Manuel Bragado lembra como Xela Arias, nuns tempos nos que a edición galega sufriría unha transformación espectacular, participou no estabelecemento dun estándar para o galego culto e para a propia industria editorial desde o seu traballo como editora en Edicións Xerais, para ofrecer un catálogo onde "todo galego tivese a posibilidade de ser culto na súa propia lingua”. 
Rafael Fernández Lorenzo.
star
Libros: 'Cocotibur', de Rafael Fernández Lorenzo

Os mozos e as espadas

Cocotibur é unha reinterpretación do vello mito da Coca, ou Tarasca.