Xerais

Pablo Iglesias
ELECCIóNS XERAIS

Podemos cre que haberá dúas listas: a que leve a súa marca e na que vaia o Bloque

O partido liderado por Pablo Iglesias cre que haberá dúas candidaturas para as xerais: a que leve a súa marca e outra na que vaia o BNG. Así o sinalou hoxe Antón Gómez Reino, secretario de Análise Política de Podemos en Galiza.

[Imaxe: @danicondeGz]
Eleccións xerais

Beiras pon a “esquerda social” por riba de calquera partido “de ámbito galego ou estatal”

Coincidindo coa reunión da coordinadora de Anova, o coportavoz da formación, Xosé Manuel Beiras, puxo por diante de calquera organización política "de ámbito estatal ou galego" a "esquerda social".

Consello Nacional
ELECCIóNS XERAIS

O BNG, a prol da "confluencia" para unha "candidatura de unidade nacional galega"

O Consello Nacional do BNG, que se reuniu esta mañá, acordou promover un “amplo proceso social” co fin de artellar unha “candidatura nacional galega de unidade”, de maneira que aposta en apoiar “todos os procesos de confluencia que promoven diferentes plataformas e iniciativas.

POLÍTICA

Compromiso quere unha candidatura nas xerais “ao xeito da Marea Atlántica”

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, aposta por que o 25 de xullo sexa o punto de partida para o lanzamento dunha “plataforma cidadá galega de cara as vindeiras Eleccións Xerais, “que adoptando o nome que adopte, debería parecerse ao que foi a Marea Atlántica da Coruña”.

Somos Nós
POLÍTICA

Somos Nós ofrécese como punto de encontro para unha candidatura unitaria nas xerais

Reunirase nos próximos días con “xentes e organizacións” para buscar “vínculos de colaboración". Anxo Quintana, que lidera o movemento cidadá, descartouse como eventual candidato dunha Marea Galega. “Sería bo que non fora unicamente o reflexo dun acordo entre partidos”, sinalou o exvicepresidente da Xunta.

columna_e (1)
POLÍTICA

Candidatura de país, o movimento do BNG que muda o taboleiro

A proposta do BNG non é unha proposta máis: fai historia, o Bloque por vez primeira formula a hipótese de ir a unhas eleccións sen as súas siglas, sen a súa marca. É arriscada, mas estamos en tempos de arriscar. E muda o taboleiro.

POLÍTICA

O BNG respalda avanzar cara unha candidatura de país sen siglas nas xerais

A decisión contou co apoio “case unánime” do Consello Nacional que realizou este sábado a organización frontista, segundo avanzou aos medios o portavoz Xavier Vence.

Alberto Garzón coa Marea Atlántica (Foto:IU)
POLÍTICA

Garzón deixa entrever que IU podería renunciar á súa marca nas eleccións lexislativas

O líder de Izquierda Unida apostou por “limar diferenzas” con Podemos para configurar unha candidatura de unidade popular que non sexa unha “sopa de siglas”, durante o seu encontro coa Marea Atlántica na Coruña.

POLÍTICA

Impulsan nas redes un manifesto a prol dunha "alianza aberta" cara ás xerais

A iniciativa parte coas sinaturas de Suso de Toro, Xabier P. Docampo, Xurxo Souto e Agustín Fernández Paz.

xerais
CULTURA

Os novos Xerais teñen nome: Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville

Dúas mulleres e un home, ao igual que na edición anterior mais, desta volta, é o Xerais o que leva nome masculino. Héctor Cajaraville no Xerais, Érica Esmorís para o Merlín e Andrea Maceiras no Jules Verne son os novos nomes dos  premios que cada ano se entregan na Illa de San Simón. 

POLÍTICA

IU debaterá a concorrencia sen as súas siglas nas eleccións xerais

O coordenador xeral da formación, Cayo Lara, e o candidato á presidencia do goberno español, Alberto Garzón, defenderán na Presidencia Federal senllos informes na defensa dunha candidatura de "unidade" nas xerais. 

POLÍTICA

Anova anuncia que nas xerais non vai renunciar ao “perfil propio” do pobo galego

A Irmandade Nacionalista entende que deber ser a cidadanía quen decida en que forma se concreta a unidade popular nesas eleccións, mais aposta pola fórmula ensaiada nas locais.

Xurados Premios Xerais (Foto: Xerais)
CULTURA

‘Adiante sempre’, ‘De remate’ e ‘Pedra d´Ostral’, finalistas do Premio Xerais

As obras gañadoras daranse a coñecer o sábado 6 de xuño. 'Europa', 'Leaena Hiems' e 'Violeta', en  Literatura Xuvenil; 'Aleteo Brisalinda', 'Divina Sandamil', 'Megumi' e 'Onde só queda alguén para aguantar dos nomes', en categoría Infantil

.
CULTURA

Os Xerais abren os seus xurados a través dunha convocatoria pública

Calquera pode ser membro do xurado dos Premios Xerais. A editorial abre unha convocatoria pública na que quen queira pode presentarse para formar parte do grupo que decide as obras gañadoras do Xerais, o Merlín e o Jules Verne. 

Eduardo Santiago, María Reimóndez e Ledicia Costas en San Simón.
CULTURA

María Reimóndez, Ledicia Costas e Eduardo Santiago gañan os Premios Xerais

María Reimóndez o Xerais, Ledicia Costas o Merlín e Eduardo Santiago o Xulio Verne. Son os nomes dos Premios Xerais que se entregaron este sábado día 7 na Illa de San Simón. 

INTERNACIONAL

O PSOE celebrará primarias para municipais e autonómicas en setembro e para as xerais, en novembro

As primarias para a elección da persoa que encabece a candidatura do partido nas eleccións lexislativas serán, por vez primeira na historia do PSOE, aberta á participación de non militantes.

premio Xerais 2013
CULTURA

Antonio Fraga Allegue e Xabier López, premios Xerais 2013 de Literatura infantil e Novela

'Cadeas', de Xabier López, obtivo o Premio Xerais de Novela 2013. E 'O castañeiro de abril', de Fraga Allegue, levou o Merlín de Literatura Infantil. Xabier Docampo, como mantedor literario da gala realizada en San Simón, convidou a “ler o libro de nós, o que di dos galegos e galegas que tal queren ser. Ler a nosa nación coma iso, coma unha nación”.

OPINIÓN

A gala dos Premios Xerais poderá seguirse en directo desde calquer lugar do planeta

A cerimonia desenvolverase a partir das sete da tarde deste sábado na illa de San Simón

Fran Caamano
Galiza

Caamaño di que Rubalcaba non sería "o candidato ideal" do PSOE nunhas xerais

Entrevista da Radio Galega a Fran Caamaño, deputado e secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña. "Non creo que Rubalcaba sexa o candidato ideal" para levantar o proxecto socialista, dixo. Remarcou que era unha opinión a título individual. Non desbota ser candidato nas primarias en Galiza. Deu toda a impresión de que o será.
Reportaxe: 13 Folgas Xerais en Galiza co sindicalismo nacionalista.
ECONOMÍA

Reportaxe: 13 Folgas Xerais en Galiza co sindicalismo nacionalista.

A do próximo 14-N será a decimocuarta folga xeral que convoca o sindicalismo nacionalista. Desta volta, como noutras moitas ocasións, conxuntamente con outras centrais sindicais. Eis un breve perocrrido polas 13 convocatorias anteriores.