“O éxito de Inditex está baseado na precariedade laboral”
CIG-Servizos, maioritario nesta empresa nas catro provincias galegas, anuncia unha campaña de denuncia das condicións laborais.
CIG-Servizos, maioritario nesta empresa nas catro provincias galegas, anuncia unha campaña de denuncia das condicións laborais.
UGT considera que as resolucións desmontan a “fraude na contratación” da empresa.
“Por favor, pague nas caixas de sempre, non nas de autocobro”. A apelación das traballadoras de Lefties e Zara á clientela é unha chamada de alerta sobre un proceso que se estende por Galiza, de supermercados a autoestradas, de comercios a gasolineiras; e con consecuencias no emprego e condicións laborais.
Esta cuarta feira un grupo de traballadores ocupaba a tenda insignia de Zara na Coruña para denunciar a precariedade laboral dos operarios de montaxe e reforma das tendas do grupo Inditex. Mario Maceiras, da Federación da Construcción e Madeira da CIG, fala dun sector con xornadas interminábeis, baixos salarios e presión patronal para evitar a organización sindical dos operarios.
Xornadas de 12 a 16 horas diarias, encadéanse viaxes ao estranxeiro para erguer locais de meses, hai unha fraude millonaria nas horas extraordinarias, e non se realizan os descansos adecuados, denuncian desde a CIG.
A cidade foi unha das primeiras nas que se instalou a marca, que agora xustifica a clausura na “falla de rendabilidade”. O alcalde tratou de convencer Zara de que seguise.
Entre o 26 de outubro e o 3 de novembro, as traballadoras das tres tendas Bershka de Vigo, da tenda de Pontevedra e da tenda de Vilagarcía botáronlle un duplo pulso a unha das marcas do maior grupo téxtil do mundo. En realidade foi unha dupla pugna: contra a empresa e contra o silenciamento intencionado da maioría dos medios de comunicación, que obviaron o paro e optaron por publicar os resultados da revista Forbes ou os 628 millóns de euros que o fundador de Inditex cobrou pola revalorización das súas accións. Mais como rebaixa o xigante téxtil a súa factura fiscal? Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 271.