Até 70% de xornalistas ambientais sufriron agresións, ameazas ou presións polo seu labor

Arredor de 70% das e dos xornalistas que informan sobre cuestións ambientais ou o cambio climático tiveron que enfrontar agresións, ameazas ou presións polo seu traballo, salientou na madrugada da sexta feira un estudo da Federación Internacional de Xornalistas e a Organización das Nacións Unidas (ONU) para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). Precisamente a sexta feira conmemórase o Día Mundial da liberdade de prensa.

Vertedura de augas residuais industriais este ano en Andalucía. (Foto: Silvema Serranía de Ronda-EEA)
photo_camera Vertedura de augas residuais industriais este ano en Andalucía. (Foto: Silvema Serranía de Ronda-EEA)
Comentarios