10/xan./24 - 17:53
Brais Morán & Nasaufunk publican o día 15 o seu terceiro disco, 'Revolución Chic'
Na vindeira segunda feira, 15 de xaneiro, publícase Revolución Chic, o novo traballo discográfico de Brais Morán & Nasaufunk. Un álbum con son disco, "no que se reencarnan as sementes da Música Negra", e que lembra a música dos anos 70 nas discotecas do futuro. Trátase do terceiro traballo como Brais Morán & Nasaufunk, despois de Cruzando o eclipse (2015) e No Mato do desespero (2018).
![Imaxe do videoclip da peza "Revolución Chic".](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2024/01/10/2024011017320460468.jpg)