![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
20/dec./23 - 14:17
Actualizado: 20/dec./23 - 14:17
A Policía Local de Vigo detivo un home de 56 anos de idade, O.A.V., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por unha agresión á súa parella, coa que discutiu por supostos motivos económicos. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando o 092 recibiu un aviso dunha muller para acudir a un domicilio da rúa Mazaricos, ante un epispdio de violencia de xénero. Á súa chegada, os axentes entrevistáronse coa muller, que relatou que tivera unha discusión coa súa parella, porque el lle recriminou un gasto que aparecía reflectido nunha conta común. Segundo a súa versión, o home reaccionara de forma violenta, impedíndolle saír de casa para ir traballar.