Falece unha muller tras chocar o seu coche contra un camión no municipio ordense de Mesía

Unha muller, de 45 anos, perdeu a vida tras chocar o seu coche contra un camión na N-634, ao seu paso polo municipio de Mesía (comarca de Ordes). Segundo informou o 112, foi o propio condutor quen sobre as 5.30 horas deste sábado deu a voz de alerta e explicou que había unha persoa no turismo que non respondía os intentos de contactar con ela. Desta forma, a central de emerxencias deu aviso a Urxencias Santiarias de Galiza-061, os Bombeiros de Ordes, o GES de Curtis, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os efectivo do GES comprobaron que non era necesario excarcerar e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller. Por outra banda, dúas persoas resultaron feridos na parroquia viguesa de Valadares e os implicados foron trasladados ao hospital. O suceso ocorreu pasadas as 2.00 horas deste sábado e o particular que alertou ao 112 detallou que podían estar atrapados no vehículo, pero finalmente non tiveron que excarceralos.

Comentarios