O Goberno sueco avalaría despregar armas atómicas dos Estados Unidos en caso de declararse unha guerra

Ulf Kristersson, primeiro ministro de Suecia, salientou a segunda feira que “en caso de guerra” aceptaría a despregadura de armas nucleares dos Estados Unidos no territorio do país, incidindo en que a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) “beneficiaríase do paraugas que proporcionaría”. Suecia segue Polonia, que trasladou con anterioridade a súa disposición a despregar esta clase de armas e admitiu negociacións ao respecto.

Kristersson (centro), líder sueco, a segunda feira cos seus homólogos nórdicos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Kristersson (centro), líder sueco, a segunda feira cos seus homólogos nórdicos. (Foto: Nós Diario)
Comentarios