01/mar./24 - 19:11
Julia Benedetti brilla en Dubai e achégase aos Xogos de París
A skater galega Julia Benedetti, quen participou sendo aínda menor de idade nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, continúa dando pasiños para repetir a súa participación na gran cita planetaria, que nesta ocasión será en París no presente ano 2024. No Pro Tour de Dubai (Emiratos Árabes Unidos), última proba puntuábel para o ránking olímpico, a coruñesa de 19 anos logrou coarse nas semifinais, rematando só por detrás das nipoas Hiraki e Yosozumi e a vasca Laso. Agora, e tras escalar varios postos no ránking mundial, Julia Benedetti encara un torneo Preolímpico que se levará a cabalo entre Shanghai (China) e Budapest (Hungría) entre os meses de maio e xuño.
![O futuro do deporte leva nome de muller, e Julia Benedetti é a viva representación desta realidade (Foto: Nós Diario).](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2022/03/23/2022032319094080967.jpg)