![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
29/nov./23 - 14:26
“Mil grazas Compostela, estamos abraiadas!” así manifestaba Leilíao nas súas redes sociais o seu agradecemento pola resposta recibida. Tras encher ate á bandeira o Teatro Jofre o pasado domingo, quen queira asegurarse poder se despedir delas terá que aproveitar o concerto de Pontevedra deste sábado no Culturgal, para o que aínda quedan algunhas entradas, xa que esta terza feira esgotábanse en minutos as do que será o último concerto da formación, que terá lugar no Auditorio de Compostela o vindeiro 13 de xaneiro.