Localizan un octoxenario desaparecido tras marchar de forma voluntaria dunha residencia de Cambre

Un octoxenario que marchou o domingo de forma voluntaria dun centro residencial de Bribes, en Cambre (comarca da Coruña), e ao que non regresou, foi localizado esta segunda feira polo helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil nunha zona boscosa e de difícil acceso de Cecebre. O home, de 81 anos, e que necesitaba medicación debido ao parkinson que padece, foi atopado sobre as 10.15 horas. Na súa procura, participaron efectivos da Garda Civil de Cambre, Policía Local, Protección Civil e persoas voluntarias. Tras un operativo iniciado o domingo, renovouse nesta xornada con éxito a procura.
Lugar no que apareceu o octoxenario desaparecido en Cambre. (Foto: Garda Civil)
photo_camera Lugar no que apareceu o octoxenario desaparecido en Cambre. (Foto: Garda Civil)
Comentarios