![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Sara Pardo
08/nov./23 - 21:30
Un home faleceu na tarde desta cuarta feira no incendio dunha vivenda situada na rúa Alcalde Beccaría da localidade de Betanzos (As Mariñas). Fontes dos servizos de emerxencia indicaron que a vítima é un home duns 70 anos de idade que se atopaba no interior do piso no que residía, na cuarta planta do edificio. O incendio orixinouse arredor das 17.30 horas, cando alertaron os veciños do inmóbel. Desprazáronse até alí os bombeiros do parque comarcal, a Policía Local e Protección Civil. O incendio produciuse en dúas habitacións da vivenda e o resto do inmóbel viuse afectado polo fume. O falecido foi localizado inconsciente no baño da súa vivenda, onde se lle practicaron manobras de reanimación, sen éxito. Finalmente os bombeiros lograron sufocar o lume.