Nacho García dimite como adestrador do Parrulo Ferrol

Importante movemento no Parrulo Ferrol, un dos dous representantes da Galiza na categoría de prata do fútbol sala masculino estatal. Logo de fracasar no seu intento de retornar á Primeira División, onde finalizou na sétima posición, fóra dos postos que dan acceso a disputar uns play-offs dos que si será parte o Pescados Rubén Burela, e de perder o pasado 17 de maio por 5-2 na finalísima da Copa Galiza fronte o Noia Portus Apostoli, o técnico da escuadra ferrolá, Nacho García, tomou a decisión de dimitir. O Parrulo confirmouno nun comunicado no que, non obstante, non indicou quen será o sucesor no cargo dun home que levaba no posto desde o pasado mes de febreiro. 
O técnico durou tres meses no cargo. (Foto: O Parrulo Ferrol).
photo_camera O técnico durou tres meses no cargo. (Foto: O Parrulo Ferrol).
Comentarios