Novas axudas ao deporte da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña publicou onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 19 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas que leven a cabo distintos certames "de singular interese" durante o ano 2024. Estas achegas supoñen investimentos globais de 451.900 euros, e teñen como obxectivo "apoiar a celebración de grandes eventos, que  reúnen atletas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a nosa imaxe", destacou o deputado de Deportes, Antonio Leira, quen lembrou que algunhas das probas beneficiadas son o Pantín Classic, o Gran Premio Cantóns de Marcha ou o Rally de Ferrol.
 
O  Pantín Classic é unha das probas beneficiadas desta liña de achegas.(Foto: Pantín Classic).
photo_camera O Pantín Classic é unha das probas beneficiadas desta liña de achegas.(Foto: Pantín Classic).
Comentarios