O Porriño cae nos cuartos de final da Copa da Raíña de Balonmán

Un menos. O Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño caeu na tarde desta sexta feira eliminado na primeira rolda da Copa da Raíña de Balonmán, que se disputará até o día de mañá en Donostia. A escuadra galega -unha das dúas representantes do país no torneo do KO xunto a un Mecalia Atlético Guardés que xoga a partir das 20.30 co anfitrión, vixente campión e máximo favorito ao título, Super Amara Bera Bera- perdeu nos cuartos de final co Valladolid por 26-24. O resultado reflicte a igualdade imperante durante todo o encontro, pois non foi até cando restaban menos de dez minutos cando as pucelanas lograron estabelecer vantaxe.

O Porriño tivo as súas opcións, pero non logrou clasificarse. (Foto: JL Recio).
photo_camera O Porriño tivo as súas opcións, pero non logrou clasificarse. (Foto: JL Recio).
Comentarios