Xián, récord ao gañador de xornada absoluta máis novo na Liga Atlántica de Billarda

A Liga Atlántica de Billarda apura as súas últimas datas da tempada, pero iso non é óbice para que a competición siga facendo historia. Esta vez o novo récord chegou da man de Xián, alcumado 'O Raio Verde', quen con só 11 anos e 191 días de vida tornou na persoa máis nova en vencer no campionato absoluto. Coa praza de Fefiñáns de Cambados como escenario de excepción desta décimo sexta xornada de torneo, Xián (Lúa de Forza de Sanxenxo) rematou en primeira posición, por diante de Álvaro Otero (Gharaboto de Marín) e Albino Veiga (Valpaços Terra Quente de Vigo). Na categoría feminina impúxose Tania (Valpaços Terra Quente de Vigo), que estivo acompañada no podio por Elena González (Gharaboto) e Lucía (Valpaços), mentres que o ouro na modalidade infantil foi para Aldara (Gharaboto).
 
'O Raio Verde' impúxose na xornada con tan só 11 anos e 191 días. (FGDA).
photo_camera 'O Raio Verde' impúxose na xornada con tan só 11 anos e 191 días. (FGDA).
Comentarios