1. Pizza de chourizo e queixo tetilla
INGREDIENTES (Para 2 persoas):
- 1 masa de pizza mediana conxelada ou precociñada
- 100 mililitros de salsa de tomate
- 3 liscos de queixo
- 3 liscos de lombo
- 3 liscos de chourizo
- 2 liscos de pavo
- 100 gramos de queixo de tetilla
- 1 chourizo
ELABORACIÓN
Para que a receita sexa moito máis áxil na súa elaboración, usaremos masa e salsa de tomate precociñados. Se queredes preparalos vós mesmos, na internet tedes unha enorme e estupenda variedade.
Como primeiro paso (após poñer a prequentar o forno a 220º) situamos a masa sobre un prato e estendemos sobre ela a salsa de tomate (axudándonos dunha culler), deixando o tamaño dos bordos ao gusto.
Unha vez feito isto cubrimos totalmente a salsa de tomate coas liscas de queixo, unha capa que á súa vez debe ser cuberta por outra composta por chourizo e pavo, deixando todo ben mesturadiño.
Logo cortamos o queixo de tetilla e o chourizo en taquiños, que iremos repartindo pola parte superior da pizza. O queixiño fundirase no forno, repartindo a súa “deliciosidade” sobre toda a superficie.
Unha vez preparada, introduciremos a pizza no forno xa prequentado a 220º durante 15 minutos, aínda que o tempo pode variar dependendo da masa (eu recoméndovos que pinchedes a masa cun garfo para comprobar se está lista).
Cumprido este paso, a pizza xa estará lista para servir. Hai moita xente que antes de comela bótalle perexil ou outras herbas… o meu consello é que non o fagades, xa que alterará o sabor da comida, e máis se usades ourego, que o fará desaparecer por completo. E agora… A comer!
- Tempo de elaboración: 30 minutos
- Dificultade: Baixa
- Calorías: Altas