2. Torradas de leite e canela
INGREDIENTES (para 4 persoas):
- 2 ovos
- 2 vasos de leite
- 4 culleradas de azucre
- 2 culleradas de canela
- Media barra de pan do día anterior
- Aceite
- Azucre e canela para acanelar
ELABORACIÓN
A simplicidade é, sen dúbida, a clave desta receita, tanto no que se refire á elaboración como aos ingredientes que se necesitan. Con pan, leite, azucre e canela elaboraremos unha sobremesa barata e deliciosa. Para empezar, cortamos en liscas o pan do día anterior. Utilizamos este pan porque se estivese fresco, empaparíase demasiado e as tostas acabarían por romper. A medida das torradas é ao gusto, pero sempre tendo en conta que canto máis finas máis rápido empaparanse e fritiranse. O ideal é un pouco máis dun dedo de ancho.
A continuación, mesturamos o leite, a canela e o azucre (a cantidade de azucre e canela tamén será ao gusto do consumidor), e mollamos as torradas no líquido ata que se empapen ben, pero sen chegar a romper.
Por último, rebozamos cada unha das torradas con ovo batido e botámolas á tixola con aceite moi quente para que se tosten por fóra pero sen absorber excesiva graxa.
Cando estean doradiñas, retirámolas do lume e poñémolas sobre papel de cociña para quitar o exceso de aceite. Finalmente, colocámolas nunha bandexa e as acanelamos con máis canela e azucre.
- Tempo de elaboración: 15minutos
- Dificultade: Baixa
- Calorías: Media
DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, PIZZA DE CHOURIZO E QUEIXO TETILLA, PREMENDO AQUÍ