3. Leite creme ao estilo portugués
NGREDIENTES (para 4 persoas):
- 1 litro de leite
- 2 culleradas de Maizena
- 200 gramos de azucre
- 3 xemas de ovo
- 2 ramas de canela
- As cascas de 3 limóns
- 1 chisco de sal
- Canela en po
ELABORACIÓN
Empezamos mesturando ben as xemas co azucre até que sexa case branco. Por outra banda, disolvemos a Maizena no leite batendo moi ben para que non queden grumos e engadímoslle a mestura das xemas e o azucre.
Incorporamos a canela, as cascas de limón e un chisco de sal e removemos un pouco. Levamos ao lume e removemos de forma constante, para evitar que non saian grumos.
Aos poucos irá facéndose máis espesa, de forma que cando teña a espesura que buscamos (que irá máis ben ao gusto do consumidor), quitámola do lume e retiramos as cascas de limón e a canela.
Vertemos en vasiños individuais e deixamos arrefriar. Se queremos, podemos tostar a parte de arriba ao modo da crema catalá. Para iso é mellor deixar arrefriar e que se forme unha capa máis dura por arriba. Sobre ela colocaremos o azucre que torraremos co queimador. A outra forma de rematar esta sobremesa é espolvoreando un pouco de canela, que é polo que nos decantamos nós.
- Tempo de elaboración: 45 minutos
- Dificultade: Media-baixo
- Calorías: Media-baixas
DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, TORRADAS DE LEITE E CANELA, PREMENDO AQUÍ