4. Biscoito de noces
INGREDIENTES (Para 4 persoas):
- 300 gramos de azucre
- 250 gramos de manteiga
- 250 gramos de fariña
- 100 gramos de noces (peso xa sen casca)
- 4 ovos
- 1 limón
- 1 cullerada de lévedo
ELABORACIÓN:
O primeiro paso para facer este sinxelo biscoito será prequentar o forno a 180º e logo untar ben o interior do molde do biscoito cunha noz de manteiga.
Logo mesturamos ben o azucre e a manteiga, para agregar (un a un) os catro ovos a esa mestura. Finalmente, engadimos a raiadura do limón, a fariña e o lévedo, mesturándoo todo moi ben até conseguir unha masa homoxénea.
Con isto, queda listo o corazón do noso biscoito. Só queda verter esa masa no molde, cubrila cunha capa de noces, espolvorear ben co azucre, superpoñer outra capa de noces e metela no forno uns 25 minutos.
Unha vez o biscoito estea listo (saberédelo cravándolle un escarvadentes: se sae seco, está perfecto) retiramos do forno e deixámolo arrefriar. Desmoldamos, espolvoreamos con azucre e a papar!
- Tempo de elaboración: 45 minutos
- Dificultade: Baixa
- Calorías: Medias
DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, LEITE CREME AO ESTILO PORTUGUÉS, PREMENDO AQUÍ