A edición en galego diminúe un 10,2 %

A edición de libros en galego disminuiu no pasado ano un 10,2 %. Os datos refírense ao informe Comercio Interior do Libro 2011 preparado pola Federación de Gremios de Editores de España. O presidente dos editores galegos fala no seu blog dun fenómeno anunciado.

Os datos aportados polo Informe Comercio Interior do Libro 2011 feito público pola Federación de Gremios de Editores de España dá conta dun sector en crise que, no conxunto do Estado, viu como a súa facturación descendía nun 4,1% o que o pon á altura das cifras do 2002.


“Nin o editor máis optimista ou afortunado pode negar a profunda crise dun sector que nos últimos cinco anos perdeu o 20,3% das vendas dos seus exemplares” anota no seu blog o editor Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores. Lamenta Manuel Bragado a disminución da edición de libro galego que descende nun 10,2%, “un fenómeno que hai tempo viñamos anunciando”, anota. Como positivo, destaca o aumento lixeiro de facturación en librerías e cadeas de librerías onde se venden o 55,5% dos exemplares. Máis información no blog de Manuel Bragado. 

Comentarios