Publícase o Boletín da Academia dedicado ao escritor

Sobre Casares, trinta olladas

Máis de trinta olladas sobre a vida e a obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) recolle o último número do Boletín da Real Academia Galega. A partir desta cuarta feira, 20 de xuño, tamén se pode consultar na páxina web da institución.
 

Carlos Casares2
photo_camera O escritor Carlos Casares.

O contido do Boletín 378 é, sobre todo, produto do simposio organizado pola Academia en novembro do pasado ano, das xornadas da Fundación Casares en Ourense e Vigo e do ciclo do Consello da Cultura Galega sobre o autor de Vento ferido.

A maiores, o número 378 tamén recolle as alocucións dos académicos e académicas na sesión de honra do 17 de maio de 2017, cando Casares protagonizou o Día das Letras Galegas, celebrada en Xinzo de Limia.

Outras actividades académicas desenvolvidas ao longo do pasado ano tamén aparecen reflectidas no Boletín, que desde xa é consultábel na sección de publicacións periódicas do web da insitución da rúa Tabernas.

Comentarios