“Que hisiste Ayusadora?': De Vacas pon música e humor aos esperpentos da presidenta madrileña

 


 

ayuso de vacas

Pois a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, xa ten himno. Retranqueiro e bailábel, iso si. E da man de De Vacas, o cuarteto galego con trío de voz feminina que xa ten dado exemplos de estar ben atento a captar de que vai a actualidade para poñerlle música e humor.

O Abusadora de Wilfrido Vargas e o seu máis que coñecido e popular retrouso é reutilizado polas 'vacas' para facer desde o confinamento un Que hisiste Ayusadora.

Para completar, un vídeo caseiro no que non poden faltar, como non, as estampas de Díaz Ayuso en plan 'mater dolorosa' do que tanto gosta posar nas fotos.

Máis en CULTURA
Comentarios