CRÍTICA DE MÚSICA

“Livres e loucas”, o primeiro disco de Habelas Hainas

Por fin as Habelas Hainas sacan o seu primeiro disco! 

Habelas Hainas Livres e Loucas

Aínda que é verdade que as Habelas son un grupo de rúa, de directo, as fans agradecémoslles este disco, polas letras, pola reivindicación (Habelas: referentes), polo respecto que amosan ante a nosa tradición. 

Habelas Hainas son Arantza Alfaia (percusión), Patricia Gamallo (percusións, guitarra e gaita), Jara Ortiz (voz e percusións) e Sandra Tamayo (acordeón e percusións). 

Fíxome moita graza a letra da peza “Media Calada”, que mestura coplas tradicionais coa descrición dunha noite en Compostela para as amantes das foliadas. E a peza “Salvadoras”, co saxo de Pablo Dalama, paréceme unha auténtica marabilla. Recoñezo que quizais teña que ver o seareira que son da voz tan persoal de Jara, que nesta peza me pon os pelos de punta. 

O único que poden facer as Habelas é seguir así de ben, con esa salubridade en todo o que fan. 

Avante, compañeiras! 

“Ela estaba coas amigas, recibiu unha mensaxe, hoxe á noite na de Moha, hai foliada, viva o Calpe!”. 
 

Comentarios