Lucia Aldao, Satélite Salitre e MAI desputan o Premio Narf este sábado

A final terá lugar no Teatro Principal de Santiago.
A poeta e artista, Lucía Aldao (Foto: Nós Diario)
photo_camera A poeta e artista, Lucía Aldao (Foto: Nós Diario)

A final do Concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña terá lugar o sábado 28 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 20.30 horas. Na gala de entrega dos premios participarán as tres finalistas, Lucía Aldao e as bandas Satélite Salitre e MÅI. Ademais, o dúo Fillas de Cassandra actuará como grupo convidado, nun acto conducido polo xornalista Luís Pardo. 

Os finalistas

Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica, son o fío condutor do segundo EP que publica Lucía aldao, unha cantautora da que o xurado destacou “a súa personalidade artística desbordante na que conflúe un universo propio musical cheo de intencións”.

Sobre a banda Satélite Salitre, liderada polo compostelán Pilo Sierra, o xurado destacou que é “unha proposta orixinal de sonoridades marcada por unha canción de autor de vangarda”. 

A alianza de Iseo Agilda con Tomás AgeitosX deu como resultado o disco Nigredo, de MÅI. Do proxecto, o xurado salientou a “electrónica acústica boreal de gran profundidade paisaxística”. 

Máis en CULTURA
Comentarios