Lugo inaugurou a mostra 'Inevitable', sobre a diversidade de xénero

A deputada de Cultura  destacou “a importancia de que a diversidade sexual e de xénero se exprese e se recoñeza en todos os espazos, tamén nos culturais e artísticos”.
Iria Castro inaugurou a exposición.
photo_camera Iria Castro inaugurou a exposición.

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro inaugurou esta sexta feira, 28 de xuño, no Museo Provincial, a exposición Inevitable -que pode verse até o 28 de agosto- con 15 instalacións realizadas polas persoas participantes no Taller Daulloa -taller prelaboral da comarca da Ulloa- que reflicten as consecuencias da problemática social con relación á diversidade sexual e de xénero.

"Hoxe e todos os días programamos con orgullo", declarou a deputada, destacando a "vocación inclusiva e diversa das exposicións e actividades dos museos provinciais", no Día Internacional do Orgullo.

Na presentación da mostra, na que tamén participaron a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro, a deputada de Cultura valorou “o traballo desenvolvido polo Taller Daulloa, que con esta iniciativa revaloriza a creatividade e o esforzo das persoas que participan nas súas actividades” e destacou “a importancia de que a diversidade sexual e de xénero se exprese e se recoñeza en todos os espazos, tamén nos culturais e artísticos”. “Hoxe e todos os días programamos con orgullo”, concluíu a deputada, destacando a “vocación inclusiva e diversa das epxosicións e actividades dos museos provinciais durante o ano”, no Día Internacional do Orgullo.

 

O monitor do Taller Daullloa, Javier Rey Feijóo, que guiou ás persoas asistentes á inauguración pola exposición, subliñou  “o proxecto é unha mostra do que somos capaces de facer dende un pequeno taller na Ulloa. Estamos moi orgullosos do resultado e da aceptación e acollida mostrada polos asistentes a presentación”.

Coas cores da bandeira LGTBI dispostas en paneis de madeira, as creadoras -María Jesús Castro Gómez, Jose Antonio Ferreiro Saá, Mirta Flores Cuesta, José Luis García Rojo, Heitor Gómez Díaz, Nagari López López, Ana Mariño García, José Vicente Otero Fernández,  Teresa Rodríguez García,  Ana Salgado Moreiras, José Antonio Vázquez Ciriza, Sofía Vázquez Vázquez, Fátima Viña Ayude e Javier Rey Feijóo- deseñaron composicións que reflicten as  vulneracións dos dereitos que afrontan as persoas do colectivo LGTBI. 

Comentarios