Miño acolle a 3ª edición da Feira da Cultura en Camiño

Nomes consagrados como Manuel Rivas ou Yolanda Castaño uniranse a novas voces como as de  Lúa Mosquetera ou Marta Villar.
Manuel Rivas. (Foto: Arxina)
photo_camera Manuel Rivas. (Foto: Arxina)

Máis de 80 autores e autoras, abarcando todos os xéneros e tipoloxías literarias, daranse cita os vindeiros 19, 20 e 21 de xullo no Concello de Miño para a terceira edición de Cultura no Camiño, unha feira literaria que permite a todos os amantes da literatura, departir cos seus autores e autoras favoritos nunha contorna única.  

O evento transformará o Concello de Miño na capital literaria da Galiza durante tres días completos, combinando faladoiros, mesas redondas, sinaturas de libros e música en directo para amenizar a xornada. 

 

Entre os nomes do cartel mestúranse autores recoñecidos como Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Pedro Feijoo, Diego Ameixeiras  ou Blanca Riestra con novas plumas que veñen de acadar as mellores criticas entre expertos e público, como Antía Yáñez, Pablo J. Rañales, Lúa Mosquetera ou Marta Villar.

 Todas elas compartirán as súas reflexións, técnicas ou análises do sector, en xornadas diarias que contarán coas actuacións en directo de Izquierdo Sisters, Cerimonia das Gaivotas, Teatro Calavera, Soul & Roll ou Paco Nogueiras e con postos de venda directa de libros de diversas editoriais e librarías.

Comentarios