Nena Daconte estará no Atlantic Pride da Coruña

Shego, Morreo ou Raúl están entre as novas incorporacións ao festival, que se celebrará na Coruña no mes de xullo.
Presentación do Atlantic Pride, este 13 de xuño, na Coruña.
photo_camera Presentación do Atlantic Pride, este 13 de xuño, na Coruña.

Nena Daconte, Shego, Morreo ou Raúl están entre as novas incorporacións ao festival Atlantic Pride, que se celebrará na Coruña no mes de xullo. Nena Daconte presentará en directo o seu último disco, Casi Perfecto e recuperará o seu pasado máis pop-rock con cancións sobre o amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo o 12 de xullo.

Ademais, Selena Leo, Eris MacKenzie e Filloas súmanse ao cartel da quinta edición, segundo informaron na presentación da nova edición deste festival a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e os directores do Atlantic Pride, Iván Cervo, César Pérez e Luís Pazos.

As novas incorporacións súmanse a artistas galegas xa anunciadas como Mondra, Sila Lua, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo

Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do "Orgullo do Norte" para celebrar esta nova edición na que se propoñen oito días de música e festa arredor da diversidade sexual-afectiva.

O festival está promovido pola Asociación Orgullo Coruña e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de empresas.

Como novidade este ano, nacen as ''Afertparties do Atlantic Pride' para que o público poida continuar a festa en lugares seleccionados da cidade ao rematar os concertos ao aire libre.

Comentarios