“Pretendemos fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos”, di a organización, conformada polo propio Consello, o Instituto Camões de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESAD).
A xornada do primeiro de outubro incluirá a lectura de dous textos. O primeiro, Atalhos, ou sobre o caminho mais comprido entre dois pontos (2017), de Joana Caveiro, producido por Teatro do Vestido e 20 minutos de duración. Despois será a quenda de Ana Carreira: Un intre antes do solpor (2015), tamén de 20 minutos de duración e dirixida por Nuria Montero.
O día pechará ás oito menos cuarto cun debate entre as autoras moderado por Afonso Becerra. O Consello da Cultura Galega pendurará os textos no seu web, que tamén se representarán o 2 de outubro na ESAD en Vigo e o 3 de outubro no Teatro João Verde de Monção.