Ruxe Ruxe inxecta melodía ao punk no seu novo clip

20'' titúlase o último disco longo de Ruxe Ruxe, que data xa de 2016. Tres anos despois, a banda compostelá, punk rock cadora máis infectado de meolodía, publica novo videoclip, Alfaia punk.
 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera Imaxe da última formación de Ruxe Ruxe. Foto: Ruxe Ruxe.

Cun aire aos clásicos do 77 e outro a evolucións do xénero como a facturada polos últimos Social Distortion, Ruxe Ruxe entrega nova canción con dous novos membros a bordo: Xulia ao baixo e Barbas na guitarra. “Achegan á banda o son renovado que atopamos neste novo sinxelo”.

Alfaia punk aparece ademais acompañada dun videoclip de animación baseado nunha idea orixinal de Ramón Díaz realizada por Diego Pérez.

Máis en CULTURA
Comentarios