A SELIC aposta pola banda deseñada achegando as últimas creacións

Miguelanxo Prado estará no Festival de Lectura xunto a outras creadoras e creadores.
O autor de cómic Miguelanxo Prado acumula unha carreira de publicacións de máis de 40 anos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O autor de cómic Miguelanxo Prado acumula unha carreira de publicacións de máis de 40 anos. (Foto: Nós Diario)

A Selic comeza o 7 de xuño cunha programación de máis de 60 actividades, que alén de nomes internacionais como John Banville ou Adanía Shibli, destaca pola diversidade da súa oferta, tanto nos xéneros como nos formatos.

Poesía, narrativa, relato curto, contacontos, obradoiros, paseos, dramatizacións ou xogos de rol son algunhas das opcións que encherán a Quintana durante 10 días, até o domingo 16 de xuño.

Entre os diferentes tipos de literatura nos que porá o foco o Festival da Lectura, esta oitava edición manterá a atención no cómic, conciliando a autores de recoñecida traxectoria, como Miguelanxo Prado, con outras máis novas pero que apuntan maneiras, como é o caso de Afra Torrado, gañadora na Gala do Libro Galego na categoría de banda deseñada co seu traballo fago o que podo.

Ademais  pasará polo encontro Manel Cráneo ademais de Teresa Moure e a ilustradora María João Worm, entre outras.

Por outra parte, a Selic reforzará esta edición a mirada á cidade con 12 paseos para descubrir a contorna da capital desde novas perspectivas.

Máis en CULTURA
Comentarios