QUE FACER?

Teatro e música, pratos fortes para a finde

Eis a axenda para estes días de inestabilidade primaveral: opcións para saír de casa que pasan polas artes escénicas e por distintas partituras, do rock á música culta.

 

Caramuxo Teatro
photo_camera Un momento do espectáculo de Caramuxo Teatro

Sexta feira.

Compostela. 20.30 horas. Calypso. Espectáculo de Voadora Teatro. Trátase dunha reestrea, unha obra, Calypso, que leva á escena o fin dun sistema e das relacións tal e como se coñecen na actualidade.

Sábado

Freixo-Valadares. Freixo Rock. Un festival de bairro cun cartaz para non perder: Orquestra Cé Pantasma, Skandalo, Cuchufellos, Keltoi, Desakato e Lisca, entre outras formacións.

Ourense. Auditorio Municipal. 18 horas. Caramuxo Teatro. Apresentación do seu espectáculo Na Casa, para bebés e familias, con música ao vivo.

Lugo. Clavicémbalo. 23.45 horas. Festiblus. Pequeno festival de blues con nomes com The Soul Jacket e Adrián Costa.

A Coruña. Pazo da Ópera. 20.30 horas. Orquestra Sinfónica. Concerto para trompeta de Brett Dean e Sinfonía en si bemol menor de William Walton, coa dirección de Rumon Gamba e a interpretación do solista Hakan Hardenberger.

Domingo

Pontevedra. 21 horas. Teatro Principal. Guadi Galego. A flamante gañadora do Martín Códax na categoría de canción de autor continúa coa xira de apresentacións do seu último cd, Lúas de outubro e agosto.

Máis en CULTURA
Comentarios